Poñemos a disposición diferentes materiais que poden adquirirse a prezo de custe, previa reserva, con recollida na sede do Ceesg ou en eventos presenciais:
Caderno de Mulleres na Educación Social:
Libretas tamaño A5, con 136 páxinas lisas en papel reciclado e 8 separadores. Cada separador recolle a ilustración e breve biografía dunha educadora social, con representación de diferentes ámbitos de traballo, que son unha mostra da valía da nosa profesión.
Prezo: 7€ / unidade.
Camisetas Educación Social Feminista:
Camiseta cor morada e manga longa, co lema impreso en branco #EducaciónSocialFeminista e deseño do Ceesg. Dispoñible en tallas S, M, L e XL. Para lucir a profesión nas reivindicacións do 8M.
Prezo: 10,37€ / unidade.
Libro Os Bolechas ‘A Educación Social’:
Libro da editorial Bolanda, de 24 páxinas a cor, tamaño 21x15 cm.
Os Bolechas visitan o Ceesg e aprenden en que consiste a Educación Social. Unha guía que facilita a explicación da profesión a nenas a nenos, para que entendan a importancia do noso labor profesional.
Acompañamos este libro cunha proposta de actividades que, partindo deste libro, nos achega ideas para traballar coas crianzas sobre o que é a Educación social e para comprender mellor e sensibilizar sobre os contextos nos que se desenvolve a nosa profesión. A proposta de actividades enviarase en pdf unha vez que o libro estea entregado ás persoas que o mercaron.
Prezo: 7€ / unidade.
Como conseguir os materiais:
Só é posible recollelas na sede do Ceesg ou en determinados eventos que se irán anunciando. No formulario de reserva debes indicar o modo de entrega.
Para facer o encargo, envía os teus datos e xustificante de pago a través do formulario ao final desta páxina. Recibirás unha confirmación da reserva por correo-e (non é automático, pode tardar uns días)
Nº de conta para o pago: ES41 – 0081 - 0499 - 6100 - 0104 – 6708 (Banco Sabadell)