Publicacións
Unha das funcións dos colexios profesionais é proporcionar os recursos pertinentes para promover a profesionalización das educadoras e dos educadores sociais.
Un código deontolóxico, unha definición da Educación Social, un Catálogo de Funcións e Competencias da profesión e das educadoras e educadores sociais, configuran os tres documentos básicos que se establecen como fundamento para artellar a cultura e a identidade da figura da Educadora e do Educador Social.
Supoñen a materialización dun longo traballo de reflexión, realizado a nivel estatal, e dun proceso de participación, no que se contou con profesionais, universidades e expertos de renome no ámbito social e educativo. O desenvolvemento deste traballo foi realizado por ASEDES (Asociación Estatal de Educación Social), e asumido como propio máis tarde polo Consejo General de Colegios de Educadoras y Educadores Sociales, constituíndo a día de hoxe o referente fundamental para a acción socioeducativa dende a nosa profesión.