Colexiación
Traslado de expediente
A. Dende o Ceesg a outro colexio:
En caso de que esteas colexiada/o no Ceesg e necesites trasladar o
teu expediente a un colexio doutra Comunidade Autónoma, debes remitir ao
Ceesg a seguinte documentación:
- Solicitude de traslado de expediente (descargar)
- Resgardo bancario de ter ingresado a cota de traslado de expediente establecida (20 €) na seguinte conta bancaria.
- Banco Sabadell: ES41-0081-0499-6100-0104-6708
O Ceesg remitirá ao Colexio de destino o teu expediente.
B. Dende outro colexio ao Ceesg:
Para realizar un traslado de expediente dende outro colexio profesional de Educadoras e Educadores Sociais ao Ceesg, debes dirixirte ao Colexio profesional no que estás colexiada/o, e seguir os seguintes pasos:
- Cumprimentar a documentación requirida no Colexio de orixe e pago da taxa correspondente.
- O Colexio de orixe remitirá ao Ceesg o teu expediente.
- Dende o Ceesg facilitarémosche a documentación e indicacións precisas para formalizar a túa alta no prazo máximo de dous meses.
- Recibida esta documentación no Ceesg, daráselle trámite administrativo, do que recibirás confirmación por correo electrónico xunto co teu número de colexiada/o.
- Finalmente, remitirésmosche por correo postal, no prazo máximo de tres meses:
- Unha copia da solicitude de alta e da domiciliación bancaria.
- Certificado de colexiación.
- O carné de colexiada/o.
- Os documentos profesionalizadores da Educación Social.
- A guía de servizos a colexiadas/os. (segundo dispiñibilidade)
Xa formalizada a túa alta no Ceesg entrarías a formar parte da vida colexial e a disfrutar de todos os dereitos como colexiado/a.