Formación
Normativa
A. Condicións da inscrición:
- Realizarase a solicitude de inscrición por escrito, vía telemática, por correo postal ou fax.
- A inscrición non se considerará realizada ata que non se achegue a documentación requirida:
- Pagamento da cota correspondente e envío do resgardo bancario.
- Acreditación da situación de desemprego ou estudante, no seu caso.
- Unha vez completada a inscrición, o Ceesg enviará a confirmación da mesma vía correo-e.
- Como norma xeral, as prazas concederanse por rigurosa orde de inscrición, sen prexuízo de que nalgunha acción concreta se estableza outro criterio.
- As certificacións de asistencia enviaranse en formato pdf por correo-e.
B. Lista de agarda:
- Crearase unha lista de agarda unha vez cuberto o número de prazas dispoñibles para cada acción formativa.
- En caso de anulación dalgunha inscrición, o Ceesg notificará a dispoñibilidade de prazas.
- Para formar parte da lista de agarda non será necesario realizar o pagamento da cota de inscrición ata que o Ceesg confirme a dispoñibilidade de prazas.
C. Anulación de accións formativas:
As actividades formativas poderán ser anuladas se non se acada un número mínimo de inscricións, ou por outros motivos de tipo organizativo.
O Ceesg informará de calquera cambio na programación das accións formativas.
D. Devolución de cotas:
O importe da inscrición poderá devolverse nos seguintes casos:
- Cando a persoa solicitante non fose admitida na actividade.
- Cando a persoa inscrita anule a súa solicitude con antelación á finalización do prazo de inscrición. Se non se establecese un prazo, deberá avisar dous días antes do inicio da actividade formativa.
- Cando o Ceesg anule a actividade nos supostos sinalados no apartado anterior.
A devolución realizarase mediante transferencia bancaria con posterioridade á celebración/anulación da actividade.
Maio 2014