Formación
En outubro de 2022 celebrouse a Convivencia Interuniversitaria e Profesional da Educación Social co obxectivo de crear lazos e dinámicas de relación entre profesionais, estudantes e profesorado de Educación Social de todo o noroeste peninsular. Foi un punto de encontro que serviu para dar visibilidade á profesión, cedéndolle ademais protagonismo á cultura e etnografía propia do rural raiano de Ourense.
Co mesmo ánimo de crear espazos colectivos que nos enriquezan, nos que compartir experiencias, saberes e lecer, o Ceesg asume o reto de organizar unha nova edición neste ano 2023, cun programa aínda máis ambicioso, e con toda aprendizaxe que nos aportou a experiencia do ano pasado.
Son varias as entidades que se suman nesta edición á participación, o que nos enche de folgos para lograr que este encontro sexa un referente da Educación Social en todo o noroeste peninsular.
Celebra connosco o Día Internacional da Educación Social, pasando unha fin de semana de creación de redes, de intercambio de coñecementos e tamén de lecer e esparcemento nun marco natural inmellorable.
A convivencia contará cun intenso programa de actividades que inclúen:
- Conferencias e obradoiros de especialistas en acción socioeducativa.
- Feira de organizacións de educación social
- Actividades culturais e lúdicas de convivencia.
- Rutas para o descubrimento da riqueza natural da Serra do Xurés.
VER PROGRAMA (galego)
VER PROGRAMA (castelán)
TODAS AS COTAS INCLÚEN:
- II Seminario Internacional da Educación Social
- Pernocta en pavillón (para quen o solicite)
- Roteiro guiado (para quen o solicite, prazas limitadas)
- Actividades do sábado á tarde-noite (entrada libre)
- Festival de música (entrada libre)
- Comidas: cea do venres; almorzo; xantar e cea de convivencia do sábado; almorzo e xantar do domingo.
Tipo
|
Prezo ata
|
Prezo dende
|
Cota xeral
|
65 €
|
80 €
|
Cota reducida (Colexiadas/os Ceesg e comunidade universitaria)
|
55 €
|
65 €
|
Data límite de inscricións: 23 de setembro.
A ingresar na conta de Banco Sabadell ES41–0081-0499-6100-0104–6708.
ENLACE A FORMULARIO DE INSCRICIÓNS (PROXIMAMENTE)
A actividade está dirixida fundamentalmente a profesionais e estudantes de Educación Social de calquera territorio, pero será benvida calquera persoa que teña interese en participar.
Existen dúas posibilidades para o aloxamento:
Gratuítamente no pavillón municipal de Lobios, que contan con duchas con auga quente. Para facer uso desta opción, é necesario indicalo no formulario de inscricións da convivencia. Durmirase sobre o chan, polo que para maior comodidade recoméndase saco de durmir, esterilla e roupa de abrigo. Hai a opción de montar a túa tenda de campaña dentro do pavillón, para maior intimidade.
En hoteis, hostais ou albergues da zona que ofrecen desconto ás persoas participantes. Para isto facilitaremos proximamente un listado de aloxamentos colaboradores. No caso de interesarche esta opción, debes formalizar a reserva por teléfono directamente co establecemento (listado de aloxamentos colaboradores dispoñible proximamente).
UBICACIÓN DAS DIFERENTES ACTIVIDADES
O punto neurálxico da Convivencia será Lobios.
Estas son outras ubicacións das actividades:
- Edificio Multiusos do Concello de Lobios (ver localización)
- CEIP do Xurés (ver localización)
- Ceas, xantar e almorzos en diferentes locais de hostalaría de Lobios -excepto a cea de convivencia do sábado, que será en Grou- (ver listado coas localizacións)
- Carpa instalada na parroquia de Grou (ver localización)
- Pavillón municipal (ver ubicación)
- Roteiros: Informarase do punto de partida durante a propia convivencia.
DESPRAZAMENTO ATA LOBIOS DENDE LOCALIDADES DE ORIXE
Por colaboración das súas correspondentes facultades/escolas, está incluído o traslado para o estudantado de Educación Social de:
- Universidade de Vigo
- Universidade da Coruña
- Universidade de Santiago
- Escola Superior de Educaçao de Viseu
- Facultad Padre Ossó
- Universidad del País Vasco
- Instituto Superior de Ciências Educativas do Douro
- Escola de Educaçao Paula Frassinetti
Será necesario indicalo no formulario de inscricións.
TRASLADOS NA ZONA
Están incluídos para toda/o participante que o solicite no momento da inscrición.
A participación no roteiro inclúe en todo caso o regreso a Lobios en autobús.
Cando saberei que actividades se me concedeu, das que son a escoller?
As actividades serán adxudicadas por orde de inscrición, tendo en conta o aforo de cada sala e o equilibrio entre o número de participantes en cada actividade.
Procurarase informar das actividades adxudicadas a cada persoa tanto uns días antes da celebración do evento como o mesmo día, no momento da recepción.
Onde son as actividades?
Mira o apartado web ‘ubicación e traslados’, onde temos enlaces a cada lugar.
Onde podo consultar o listado de hoteis nos que podo aloxarme, e os prezos?
Próximamente subiremos á web o listado actualizado.
Son estudante dunha das Facultades que ofrece desprazamento en autobús. De onde saen os autobuses?
Estamos en contacto coas Facultades para coordinarnos. Informaremos disto chegado o momento, uns días antes do evento.
Interésame participar, pero non son educadora social nin estudante de educación social, podo anotarme?
Si. A actividade é unha celebración da Educación Social e está principalmente dirixida a profesionais e estudantes desta disciplina, pero toda persoa que queira acompañarnos será benvida.
Interésame participar no Seminario pero non no resto de actividades, como podo facer?
A inscrición é única, independentemente das actividades nas que vaias participar, polo que tes que facer a inscrición polo mesmo importe.
Se non queres participar das comidas incluídas, agradecemos que o indiques no formulario de inscrición, para contar cunha previsión de asistencia real que nos permita facer un uso responsable dos recursos (se despois cambias de opinión, podes facer modificacións ao respecto mentres estea aberto o prazo de inscrición)
Se non queres participar das actividades de convivencia (sábado á tarde-noite), reservaraseche un espazo para cear en algún local de hostalaría en Lobios.
En calquera caso, recomendamos a participación en todas as actividades propostas, pois un espazo de convivencia cobra significado coa participación e implicación nos diferentes espazos de relación.
A que hora remata a actividade de convivencia, na zona da carpa (Grou)?
Para as persoas inscritas poranse a disposición autobuses de regreso ás 11:00, 00:00, 2:00 e 2:30 h. No formulario de inscrición debes indicar a túa hora de regreso. A organización resérvase o dereito de cancelar algún dos horarios previstos se non hai persoas interesadas suficientes (nese caso, avisarase con antelación e reorganizaranse as horas de regreso)
Podo levar acompañantes?
Pode participar quen o desexe, sempre que formalice a inscrición.
Se a(s) persoa(s) que te acompaña(n) non vai asistir ao Seminario ou ao roteiro, debe indicalo no formulario de inscrición, no apartado correspondente. Tamén agradecemos que indique no apartado comentarios que vén como acompañante e indique a persoa coa que asiste.
As actividades do sábado á tarde-noite son de entrada libre, pero non se inclúe a cea de convivencia para quen non estea inscrita/o.
Podo levar nenos/as?
Si. Durante o horario do Seminario haberá servizo de conciliación, que poderás solicitar no momento da inscrición. Este servizo está supeditado á existencia de demanda suficiente e establecerase un límite máximo de prazas que se adxudicarán por orde de inscrición. Para as diferentes comidas, se necesitas menú para a nena(s) ou neno(s), debes indicalo nas observacións, e contactaremos contigo directamente para informarte das opcións.
Que necesito para durmir no pavillón?
Durmirase sobre o chan, polo que para maior comodidade recoméndase saco de durmir, esterilla e roupa de abrigo.Hai a opción de montar a túa tenda de campaña dentro do pavillón, se queres maior intimidade.
Como serán as comidas?
Informarase a cada persoa do establecemento que se lle asigna para as diferentes comidas. A adxudicación será aleatoria, o que favorecerá a interacción con profesionais e estudantes de diferentes procedencias.
O menú será moi similar en todos os establecementos, con opción vexetariana para quen o solicite na inscrición.
Anoteime e paguei a inscrición, pero finalmente non podo ir, teño dereito á devolución do importe?
Devolverase o importe da inscrición ás persoas que notifiquen a imposibilidade de asistencia antes do 15 de setembro.
A devolución farase unha vez celebrado o evento.
Merquei material do Ceesg, coa opción de recollelo na convivencia. Onde o recollo?
Haberá un punto e un horario para a recollida, do que informaremos previamente. Se por calquera motivo non podes achegarte nese horario, fala con calquera persoa da organización na mesma convivencia, para darche o teu pedido.
O Ceesg ten á venda camisetas, cadernos, e o libro de Bolechas ‘A Educación Social’.
Teño dereito a certificado de asistencia?
Se queres recibir certificado, tes que solicitalo a formacion@ceesg.gal
Realizarase control de asistencia.
Teño máis dúbidas! Que fago?
Escríbenos a formacion@ceesg.gal
Habilitamos unha canle de telegram que servirá para compartir de xeito áxil e inmediato informacións útiles durante o desenvolvemento da convivencia (ubicacións, avisos, recordatorios…)
Antes de que chegue a data, nesta canle compartirase tamén información actualizada e de interese para as persoas que vaian participar, como a apertura de inscricións ou outros avisos importantes.
ALICIA GONZÁLEZ BARREIRO
Universidade de Vigo
ÁNGEL DE JUANAS OLIVA
UNED
BEATRIZ OLIVEROS FERNÁNDEZ
Facultad Padre Ossó (Universidad de Oviedo)
CARLA SERRÃO
Escola Superior de Educação do Instituto Politécnico do Porto
CÁTIA EMANUELA AUGUSTO VAZ
Instituto Superior de Ciências Educativas de Penafiel
CRISTIANA DE SOUSA PIZARRO BRAVO MADUREIRA
Escola Superior de Educação e Ciências Sociais, Instituto Politécnico de Leiria.
ESTHER PÉREZ RODRIGUEZ
Universidade de Vigo
DANIELA GONÇALVES
Escola Superior de Educação Paula Frassinetti
DEIBE FERNÁNDEZ-SIMO
Universidade de Vigo
DIEGO GALÁN CASADO
UNED
EDGAR CORREIRA CAMPOS
Escola Superior de Educação de Viseu
ELOINA BERMEJO LOZANO
Facultad Padre Osso (Universidad de Oviedo)
ENRIQUE IGLESIAS MARTÍNEZ
Facultad Padre Osso (Universidad de Oviedo)
GERMÁN VARGAS CALLEJAS
Universidade de Santiago de Compostela
IVÁN GARCÍA GARCÍA
Universidade de Santiago de Compostela
JESUS GARCIA ALVAREZ
Universidade de Santiago de Compostela
JESÚS RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ
Universidade de Santiago de Compostela
JOANA MIGUELENA TORRADO
Universidad del País Vasco
JORGE DÍAS ESTERRI
UNED
JOSE ANTONIO LLOSA FERNÁNDEZ
Facultad Padre Osso (Universidad de Oviedo)
JOSÉ MARÍA FAILDE
Universidade de Vigo
LAURA CRUZ LÓPEZ
Universidade de A Coruña
LAURA VARELA CRESPO
Universidade de Santiago de Compostela
LUIS MARÍA NAYA GARMENDIA
Universidad del País Vasco
MARÍA BARBA NÚÑEZ
Universidade de A Coruña
MARÍA CARMEN GUTIÉRREZ MOAR
Universidade de Santiago de Compostela
MARÍA CARMEN MORÁN DE CASTRO
Universidade de Santiago de Compostela.
MARÍA DOLORES DAPÍA CONDE
Universidade de Vigo
MARÍA ESTHER PÉREZ
ENRÍQUEZ- Universidade de Vigo
MARÍA JOÃO AMANTE
Escola Superior de Educação de Viseu
MARÍA VICTORIA CARRERA FERNÁNDEZ
Universidade de Vigo
PAULA XAVIER
Escola Superior de Educação de Viseu
PAULÍ DÁVILA BALSERA
Universidad del País Vasco
RUI PEDRO PINTO
Escola Superior de Educação do Instituto Politécnico do Porto
SARA MARTÍNEZ CARRERA
Universidade de Vigo
SILVANA LONGUEIRA MATOS
Universidade de Santiago de Compostela
SOFIA VEIGA
Escola Superior de Educação do Instituto Politécnico do Porto
SUSANA FONSECA
Escola Superior de Educação de Viseu
TANIA FÁTIMA GÓMEZ SÁNCHEZ
Universidade da Coruña
TERESA BERMÚDEZ REY
Facultad Padre Osso (Universidad de Oviedo)
XOSÉ MANUEL CID FERNÁNDEZ
Universidade de Vigo
O parque natural Baixa Limia Serra do Xurés, situado ao sur da provincia de Ourense, é o maior dos seis parques naturais de Galicia. Cunha extensión de 30.000 hectáreas, foi declarado parque natural en 1993 e forma un continuo xeográfico co Parque Nacional de Peneda-Gerês de Portugal. Desde 2009 os concellos de ambos parques forman a Reserva da Biosfera transfronteiriza galego-portuguesa Gerês-Xurés.
Na paisaxe destacan os seus bosques e fervenzas, e ademais do valor natural, tamén atopamos nesta terra un gran valor histórico e etnográfico, con xacementos romanos, construcións populares como muíños, alvarizas, chivanas, hórreos… Outro aspecto a salientar é o seu patrimonio termal.
Como non pode ser doutro xeito, a convivencia organízase dende o respecto ao medio e procurando o mínimo impacto ambiental, para o coidado da espectacular riqueza destas terras.
Imaxes: @toxodoxures