Colexiación

Cotas colexiais


COTA DE ALTA

A cota de alta págase no momento de solicitar a colexiación. Debe ingresarse na conta bancaria do Ceesg e anexar o xustificante xunto co resto de documentación.

  • Xeral: 65 €.
  • Redución para persoas tituladas recentemente: Gratis no curso inmediatamente seguinte ao do remate dos estudos.


COTA DE MANTEMENTO COLEXIAL

O colexio emitirá dous recibos ao ano para o cobro da cota de mantemento colexial, a través de domiciliación bancaria.

Estes cobros fanse por semestre adiantado (a finais dos meses de xaneiro e de xullo).

Cotas colexiais 2023

Tipo de cota
Contía semestral*

Documentación a presentar no Ceesg

Xeral 73,34 € Ningunha

Bonificada por desemprego

Aplicable tamén a pensionistas, estudiantes que non traballan, situación de excedencia por coidado de fillas/os, situación de impago continuado de salarios, e colexiadas/os que non residen no estado español. Ou situacións equivalentes acreditadas.

36,67 €

Solicitude de cota de mantemento semestral bonificada.

Copia da tarxeta de demandante de emprego, ou acreditación pertinente segundo cada situación.

En cobros sucesivos hai que enviar a mesma documentación actualizada dentro do prazo que se estableza (non é necesario volver a enviar a solicitude).

Bonificada por salario inferior ao mínimo interprofesional (SMI) 55 €

Solicitude de cota de mantemento semestral bonificada.

Copia do certificado da Tesourería Xeral da Seguridade Social acreditativo da/s última/s Base/s de Cotización.
En cobros sucesivos hai que enviar unha copia actualizada do certificado dentro do prazo que se estableza.


* Estas cotas incrementaranse anualmente segundo o IPC (acordo aprobado na Asemblea Xeral do Ceesg do ano 2017). No 2023, acordouse pola Asemblea Xeral a continuación da conxelación de cotas para o exercicio 2023.


COTA DE AMIGA/O DO CEESG

20 € por curso académico.

Poden darse de alta como amigas as e os estudantes de Educación Social. Máis información.
As cotas de Amigas/os do Ceesg aboadas durante o período estudiantil serán descontadas das cotas do Ceesg, sempre que a colexiación se formalice no curso seguinte, e ata un límite de 80€.
Están exentas de pagar a cota as e os estudantes que colaboren co Ceesg como dinamizadoras/es do PIC.


COTA POR EMISIÓN DE CERTIFICADOS

Establécese unha cota de 30€ por emisión de certificados a persoas non colexiadas (acordo da Asemblea Xeral 2023)