Educación social

Ámbitos e funcións

A educadora/educador social é unha figura indispensable no desenvolvemento de plans, programas e proxectos de acción socioeducativa, que pode traballar en diferentes contextos e con diferentes colectivos, sempre acompañando ás persoas cara a mellora do seu benestar.

As súas funcións profesionais veñen definidas de forma xenérica no Catálogo de funcións e competencias (Asedes, 2007), que conta co recoñecemento do Consejo General de Colegios de Educadoras y Educadores Sociales.

En canto á definición de funcións de xeito específico e a concreación dos ámbitos de traballo desta profesión, hai abundante bibliografía que afonda no tema, máis tomaremos aquí como referencia un traballo realizado polo Ceesg, no que se definen funcións para cada ámbito de traballo (Funcións das educadoras e educadores sociais por ámbitos de actuación. Ceesg, 2017). Non debe entenderse este conxunto de funcións como un listado taxativo e limitante, pois trátase dunha profesión dinámica que se renova e adapta aos novos contextos de intervención socioeducativa que poden xerarse na nosa sociedade.


Catálogo de funcións e competencias (Asedes, 2007)

Funcións das educadoras e educadores sociais por ámbitos de actuación (Ceesg, 2017)