Educación social
Campaña por unha Lei de Educación Social
Un dos principais obxectivos da nosa profesión é a consecución dunha Lei que regule o dereito á Educación Social.
En decembro de 2016 o Consejo General de Colegios de Educadoras y Educadores Sociales iniciou a campaña “Por una Ley de Educación Social” exercendo o Dereito de Petición presentando unha solicitude ante o Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade e o Congreso dos Deputados, invitando á súa vez a educadores/as sociais, colexios profesionais de Educación Social, estudantes de Educación Social, particulares e institucións e entidades, a sumarse a esta solicitude. No ano seguinte, o Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia deu un paso máis, solicitando ao goberno galego a creación dunha Lei Galega do dereito á Educación Social.
Por que é necesaria unha lei que garanta o dereito á Educación Social?
- Porque a educación é un tema moi serio que precisa de control e supervisión para que se dean servizos de calidade.
- Porque evitariamos o intrusismo que dificulta o noso traballo e desvirtúa a nosa función socioeducativa.
- Porque unha profesión regulada é garantía de profesionalidade, neste caso, no acompañamento, trato e atención ás persoas.
- Porque permitiranos dar a coñecer a educación social como unha profesión transformadora de contextos e de persoas.
- Porque as posibilidades para acreditar os nosos ámbitos de traballo deben ser diversas, de xeito que se permitan activar os mecanismos que regulen cada un dos servizos que ofrecemos en cada contexto socioeducativo que traballamos.
- Para evitar a precariedade laboral nos nosos ámbitos de traballo (infancia, servizos sociais, maiores, cultura, educación regrada e non regrada, sanidade, discapacidade, prisións, mulleres, inmigrantes…)
Como sumarte á campaña?
- Descarga o modelo de petición.
- Preséntao en calquera rexistro público que teña ventanilla única (concellos, Xunta, etc.)
- Podes presentar peticións doutras persoas (debidamente asinadas por elas), non fai falta ser educadora ou educador social, pois interésanos a toda a cidadanía. Tamén podes presentalo en nome dunha entidade, asociación, etc. que representes.
- Se queres contribuír tamén na difusión, podes facer unha foto e compartila nas redes sociais #PorunaleydeEducaciónSocial.
Únete á petición
Modelos para colexiadas/os do Ceesg:
- Petición dunha Lei GALEGA do dereito á Educación Social.
- Petición dunha Lei ESTATAL do dereito á Educación Social.
Modelos para a cidadanía e estudantes:
- Petición dunha Lei GALEGA do dereito á Educación Social.
- Petición dunha Lei ESTATAL do dereito á Educación Social.
Modelos para entidades e institucións:
- Petición dunha Lei GALEGA do dereito á Educación Social.
- Petición dunha Lei ESTATAL do dereito á Educación Social.
Recorda que se o presentas presencialmente, debes presentar copia duplicada, para quedarte con unha delas, selada polo rexistro.
Infórmanos das solicitudes que presentes, para poder levar un seguimento do número de solicitudes presentadas.