Acción profesional
Comunicado dirixido a Concellos
Descripción do evento:
O Ceesg vén de levar a cabo unha campaña para dar a coñecer a importancia da presenza da Educación Social nos concellos galegos. Para iso, enviamos a todos os concellos unha recomendación na que suxerimos eliminar a denominación de ‘Educador/a familiar’, tan estendida no eido local, para normalizar a denominación ‘Educador/a social’, tendo en conta ademais que a normativa vixente xa contempla esta nomenclatura.
Cada praza de nova creación (e mesmo as xa existentes cando é posible negociar a RPT neste sentido) que se cree coa denominación de ‘Educador/a social’, será un paso máis cara un horizonte no que a Educación Social teña o seu lugar nos servizos sociais comunitarios, e no que a composición e o papel de cada profesional no equipo estarán máis claros.