Xunta de Goberno

Comunicado do Foro de Inmigración

Inicio: 25/06/22:

Descripción do evento:

Tras os sucesos ocorridos en Melilla o pasado 24 de xuño, o Foro Galego de Inmigración, do que forma parte o Ceesg, emitiu un comunicado de prensa no que:

- Unha vez máis, se denuncia a norte violenta de persoas migrantes na fronteira sur, coa brutal intervención da policía marroquina, intervención auspiciada sen dúbida polos novos acordos “migratorios” coa dictadura de Marrocos por parte do gobernó español.
- Esíxese unha investigación urxente e independente dos feitos que sirva para depurar as responsabilidades, tamén ás que poidan ter as autoridades e forzas policiais españolas nestes terribles feitos. Estas mortes non poden quedar impunes.
- Unha parte importante das persoas que pretendían entrar en territorio español eran de orixe sudanés, e polo tanto subsceptibles de solicitar e recibir asilo político no Estado Español. Estamos a falar polo tanto, exactamente igual que no caso das persoas que fuxen de Ucraína, de refuxiados políticos que foron brutalmente tratados- un número por determinar mortos de forma violenta polas forzas policiais- ás portas das nosa fronteira.
- Reclámase, por último, un cambio real nas políticas migratorias do Estado Español, en concreto no caso da chamada Fronteira Sur, que son as responsables últimas da morte de moitas persoas que pretenden achegarse ao noso territorio para exercer o seu dereito ao refuxio.
Non debemos tolerar máis mortes de persoas inocentes.