Eventos
Participación en actividade do alumnado da USC
Inicio:
04/10/2022: 16:00
Fin:
04/10/2022: 18:00
Descripción do evento:
As alumnas e alumnos da materia de Animación e Xestión Sociocultural da Universidade de Santiago de Compostela realizan unha serie de actividades/dinámicaspara celebrar Día Internacional da Educación Social.
Nesta edición, a temática elixida é a moda sostible, a cal se desenvolverá baixo o nome de ‘DESAFÍA! Despréndete e Desfi(L)a.’
As actividades a realizar son un obradoiro onde abordar a temática a partir de diferentes reflexions e ideas persoais, así como un pequeno taller de como reutilizar prendas de roupa. A continuación un desfile de ideas e, por último, un mercadillo de roupa que se levará a cabo a través do troque.