Eventos
Presentación do libro ‘La mirada horizontal’
Inicio:
30/11/2022: 11:30
Descripción do evento:
David Vázquez, co seu libro La mirada horizontal, invítanos á reflexión e ao diálogo facendo falar á experiencia a través de relatos e historias de educación social vividas en primeira persoa en diferentes ámbitos de intervención e cun mesmo denominador común: a exclusión. Comparte dúbidas, dilemas, acertos e fracasos en situacións profesionalmente emocionantes que só pasan traballando neste sector. Unhas inquedanzas, en definitiva, que responden á necesidade vital de escribir e de dar visibilidade á profesión de educar e ao desexo de transformar.
Presentacións organizadas coa colaboración da Universidade de Santiago, Universidade da Coruña e grupo SEPA.