Nova CEESG
Comunicado: A Educación Social xa está presente
Comunicado do Ceesg en relación a Lei orgánica de protección integral á infancia e adolescencia fronte a violencia.
A EDUCACIÓN SOCIAL XA ESTÁ PRESENTE.
Estamos presentes na vida de nenas e nenos e de familias en accións grupais e individuais dende a súa infancia.
Estamos presentes ó carón das familias nos acompañamentos socioeducativos que se realizan para favorecer apoios reais.
Estamos presentes sendo referentes reais ó longo da vida de moitas crianzas, nos centros escolares e centros de protección, a través dos servizos sociais comunitarios, permitíndonos acompañala, favorecendo factores de protección que rebaixen a vulnerabilidade que, en ocasións, acompaña ás persoas dende o comezo da súa vida.
A Lei orgánica de protección integral á infancia e adolescencia fronte a violencia debe asegurar a formación necesaria das profesionais que acompañamos a nenas, nenos e familias e debe asegurar a intervención dende a prevención, como proposta da Educación Social.
Nomear novas figuras profesionais inexistentes non fai máis que diluír responsabilidades; a Educación Social non quere eludir as responsabilidades que supón dar a man durante anos ás persoas que o precisan.
Dende hai anos a Educación Social está presente na escola realizando accións educativas de xeito individual ou grupal por varias vías:
- A través dos Servizos Sociais Comunitarios. En Galicia a figura da Educación Social remóntase ós anos 80 coa incorporación dos programas de Educación Familiar nos que a Educación Social a través do acompañamento socioeducativo como base da intervención funciona de apoio ás familias e especialmente a nenos e nenas.
- A través da contratación externa por parte dos Concellos, das ANPAS e dos propios centros educativos, que sempre depositaron a súa confianza na nosa figura profesional para levar a cabo programas socioeducativos de prevención, e sensibilización en diversos ámbitos.
- Coa incorporación da Educación Social de xeito normalizado no sistema educativo a través da contratación directa por parte das administracións autonómicas, como nos casos de comunidades como Estremadura, Castela A Mancha, Andalucía e Canarias.
É necesario evitar que os cambios que a lei propón se convertan en postos baleiros de contido con profesionais sen experiencia no sector e que non sirvan como figuras de referencia reais. Se o que se busca é a protección eficaz e de calidade debemos atender a figuras profesionais cunha formación que teña unha base pedagóxica e manexe as ferramentas da intervención socioeducativa directa con nenos e nenas e coas familias. A Educación Social é a resposta idónea para completar a atención integral dos centros educativos, entendidos como espazos de aprendizaxe, socialización, convivencia e protección social.
Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia

Quizais che interese
Outras novas

Está dispoñible o novo número da Revista RES, Revista de Educación Social: Número 36. Monográfico: Retos de la Educación Social en los próximos años.
ENLACE AO NÚMERO 36 DA REVISTA RES
ENLACE Á EDICIÓN EN PDF
“Este é un número de transición no que equipo que ata o de agora levou a edición maquetación, xestión, etc. da revista pasa a substitución e despídese de todas vós e todos vós.
En canto a contidos, achégase unha prospección dos retos da profesión e da Educación Social nos próximos anos, que realizaron Lourdes Menacho e Norma Gozálvez, que poderá actuar como referente da reflexión colectiva.
Na sección de miscelánea, atoparedes achegas moi interesantes nas que se nos achegan investigacións, reflexiones etc., sobre temas como participación e diversidade, unha revisión sobre como se contempla a cidadanía en libros de texto, a afectación da COVID19 en recursos de educación social, o traballo do duelo e a potenciación da autoestima, a necesaria presenza das educadoras e educadores sociais nos equipos de orientación do sistema escolar-educativo, redes e construción de identidade en mozas que viven en centros, dimensión ambiental e cultura de paz, teatro social e participación, a influencia da pandemia nas prácticas da docentes universitarios, a importancia dos rituais en xustiza xuvenil, unha comparativa entre as Misións Pedagóxicas e a Educación de rúa, en Zamora, o traballo en rede en equipos de infancia e adolescencia en risco social, etc…
E todo acompañado de interesantes recensións e noticias de actualidade.
Lectura para o verán e para coñecer e reflexionar sobre outras experiencias e miradas”.

Estas son as ofertas de emprego máis recentes publicadas na web do Ceesg:
- Téc. Orientación mulleres
- Responsable departamento orientación
- Animador/a sociocultural
- Educador/a social
- Educador/a social
- Auxiliar educativa/o
- Educador/a social
- Axente de Emprego e Desenvolvemento Local
- Monitores/as de tempo libre
- Animador/a sociocultural
- T. de educación familiar
- Animador/a sociocultural
- Educador/a social
- T. educador/a de intervención familiar
- Auxiliar educador/a
- Educador/a social
- T. de orientación laboral
- T. animación sociocultural
- Axente de emprego e desenvolvemento local
- Docente universidade
- Axente de emprego e desenvolvemento local
- Educador/a familiar - pedagogo
- Animador/a cultural coordinador/a
- Docente atención tecnolóxica
- T. dinamización cultural
- Orientador/a laboral
- Orientador/a laboral
- T. de orientación laboral
- Educador/a social
- Educador/a social
Se estás á procura de emprego, recorda visitar regularmente a nosa web para estar ao tanto de todas as novidades.

O Consejo General de Colegios de Educación Social e o Ceesg, xunto con colexios doutros territorios, iniciamos o reto de facer unha revisión e posible actualización do Código Deontolóxico da nosa profesión.
Convidámoste a que dediques uns minutos disfutar dos vídeos que está facendo o GHEE-CEESPV para coñecer os principios deontolóxicos xerais. O código deontolóxico é de gran relevancia para a praxe profesional, e con estes vídeos queremos animar á reflexión sobre o texto actual
Se tes interese en ter máis información, ou enviarnos achegas e propostas, ponte en contacto connosco a través de etica@ceesg.gal.
Proximamente iremos compartindo outros vídeos