Actas da 3ª Escola de Primavera do Ceesg: Educación Social e cidadanía. Intervención na escola e na comunidade
Data:
2008
Descargar:
Descarga aquí o documento.
Tipo:
Libro de actas
A ‘Escola de Primavera’ do Ceesg serviu como espazo para o traballo conxunto, o intercambio de experiencias e a reflexión sobre os ámbitos Educativo e Comunitario. Este libro de actas recolle os relatorios que serviron para o debate sobre o noso quefacer profesional na terceira edición da Escola, celebrada en maio de 2008, co título: ‘Educación Social e cidadanía. Intervención na escola e na comunidade’ e cos seguintes obxectivos:
- Reflexionar sobre o ámbito educativo e comunitario da educación social
- Dar a coñecer experiencias que se están a desenvolver dentro destes ámbitos
- Dar a coñecer a figura do/a educador/a social no ámbito educativo e repensar sobre a mesma figura no ámbito comunitario.