Conclusións: I Xornadas: A escola, punto de encontro entre o profesorado e educadoras/es sociais?
No ano 2005, o Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia colaborou nestas Xornadas organizadas por Nova Escola Galega e a Universidade de Santiago.
Formulábase entón a pregunta de se pode considerarse a escola un punto de encontro entre Profesorado e Educadoras/es sociais, ante novos escenarios sociais que demandaban novas profesións. Nese contexto, percibíase a escola como un lugar onde podían traballar ‘tradicionais’ e ‘novos’ profesionais da educación que comparten intereses e preocupacións.
Estas I Xornadas constituíronse como un espazo no que reflexionar e debater acerca das achegas que dun xeito conxunto pode facer o profesorado e as/os profesionais da Educación social a moitos dos retos, demandas e necesidades que foron aparecendo na sociedade. Outro dos obxectivos das xornadas era o de coñecer aquelas iniciativas e proxectos de traballo colaborativo, de apoio entre mestres/as, profesorado e educadoras/es sociais que se estaban a desenvolver nas escolas galegas. E tamén intentar responder aos interrogantes que se formulaban ante esta situación: que función pode desenvolver o/a educador/a social na escola, como o valoran outras/os profesionais? como se pode articular a relación entre a escola e os diferentes ámbitos da educación social?...
Preséntase nesta publicación as conclusións destas xornadas. Como resultado das mesmas, publicouse posteriormente o libro ‘A escola, punto de encontro entre o profesorado e educadoras/es sociais’