Educación Social e Escola. Unha análise da última década (2006-2016)
Data:
2018
Descargar:
Descarga aquí o documento.
Tipo:
Libro de actas
Nova Escola Galega e o Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia organizaron nos anos 2005 e 2006 as Xornadas “A Escola, punto de encontro entre o profesorado e educadores/as sociais”.
Dez anos despois deuse continuidade á iniciativa, tendo en conta que nesa década o tema acadou bastante relevancia no ámbito académico e houbo importantes avances na incorporación de educadoras/es sociais en diferentes territorios.
Esta publicación recolle os relatorios e comunicacións presentadas no Congreso.
O Congreso Internacional e III Xornadas de Educación Social e Escola celebrouse en outubro de 2016 en Ourense.