I Premio TFG.eduso e Experiencias de Educación Social
Data:
2014
Descargar:
Descarga aquí o documento.
Esta publicación está composta en realidade por dúas obras.
A primeira parte presenta o traballo premiado no I Concurso de traballos de fin de grao, Tfg.eduso, un concurso a través do cal o Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia recoñece e pon en valor o labor do alumnado dende as aulas. O traballo gañador desta primeira edición, de Andrea Maroñas Bermúdez, ten como temática os bancos de tempo.
A segunda parte recolle distintas experencias de educadoras/es sociais, sendo a continuación do libro Experiencias de Educación Social.
Ambas obras queren dar a coñecer a variedade e diversidade de espazos, accións e miradas dunha mesma profesión, a educación social.