Nova CEESG
FORMACIÓN: Aplicacións da teoría do apego en contextos socioeducativos
Do 5 de outubro ao 2 de novembro desenvolvemos un curso, en colaboración con Psimática Aula Virtual, que ten como obxectivo introducir ás/aos profesionais na mirada relacional que proporcionan os principios da teoría do apego e sobre o trauma, de maneira que adquiran novas ferramentas prácticas tanto para facer unha análise máis rigorosa dos casos, como para situarse dunha maneira máis comprensiva e bentratante na relación coas persoas a quen acompaña.
Esta edición do curso é exclusiva para educadoras/es sociais colexiadas/os (tanto no Ceesg como en calquera colexio profesional integrante do CGCEES). O curso impartirase en castelán.
Tamén pode participar alumnado de Educación Social que estea de alta como Amigo/a do Ceesg, e figuras análogas doutros colexios pertencentes ao CGCEES.
Contidos
- MÓDULO 1. Introdución á teoría do apego: conceptos básicos. De onde vimos?
- MÓDULO 2. Aplicacións da teoría do apego segundo a perspectiva sistémica. Como se ve afectado o apego na relación cos demais?
- MÓDULO 3. Coidado, autocoidado e autorregulación emocional. Como repercute o apego na relación co meu propio mundo interior?
- MÓDULO 4. A mentalización como intelixencia dirixida ao corpo. Que nos di a teoría do apego respecto á nosa rede profesional?
O curso inclúe contido teórico especialmente escrito polo profesor para este curso, que poderás descargar en PDF; resumos de contidos do esencial de cada clase (descargable), un vídeo en cada clase que axuda a consolidar a aprendizaxe dos contidos; documentación complementaria (artigos, webs, etc.) a través dos cales afondar en distintos aspectos, e foros, onde alumnado e profesor compartirán espazo para aclarar conceptos, facer preguntas, achegar novos materiais, etc.
Ver dossier completo do curso (recolle detalladamente os contidos, así como información sobre a metodoloxía, comunicación co profesor, criterios de avaliación, etc.)
Ir ao formulario de inscrición
Datos básicos da formación:
- Datas: do 5 de outubro ao 2 de novembro.
- Modalidade: En liña.
- Prezo: 185 euros.
- Inscricións ata o 28 de setembro
Quizais che interese
Outras novas

Está dispoñible o novo número da Revista RES, Revista de Educación Social: Número 36. Monográfico: Retos de la Educación Social en los próximos años.
ENLACE AO NÚMERO 36 DA REVISTA RES
ENLACE Á EDICIÓN EN PDF
“Este é un número de transición no que equipo que ata o de agora levou a edición maquetación, xestión, etc. da revista pasa a substitución e despídese de todas vós e todos vós.
En canto a contidos, achégase unha prospección dos retos da profesión e da Educación Social nos próximos anos, que realizaron Lourdes Menacho e Norma Gozálvez, que poderá actuar como referente da reflexión colectiva.
Na sección de miscelánea, atoparedes achegas moi interesantes nas que se nos achegan investigacións, reflexiones etc., sobre temas como participación e diversidade, unha revisión sobre como se contempla a cidadanía en libros de texto, a afectación da COVID19 en recursos de educación social, o traballo do duelo e a potenciación da autoestima, a necesaria presenza das educadoras e educadores sociais nos equipos de orientación do sistema escolar-educativo, redes e construción de identidade en mozas que viven en centros, dimensión ambiental e cultura de paz, teatro social e participación, a influencia da pandemia nas prácticas da docentes universitarios, a importancia dos rituais en xustiza xuvenil, unha comparativa entre as Misións Pedagóxicas e a Educación de rúa, en Zamora, o traballo en rede en equipos de infancia e adolescencia en risco social, etc…
E todo acompañado de interesantes recensións e noticias de actualidade.
Lectura para o verán e para coñecer e reflexionar sobre outras experiencias e miradas”.

Estas son as ofertas de emprego máis recentes publicadas na web do Ceesg:
- Téc. Orientación mulleres
- Responsable departamento orientación
- Animador/a sociocultural
- Educador/a social
- Educador/a social
- Auxiliar educativa/o
- Educador/a social
- Axente de Emprego e Desenvolvemento Local
- Monitores/as de tempo libre
- Animador/a sociocultural
- T. de educación familiar
- Animador/a sociocultural
- Educador/a social
- T. educador/a de intervención familiar
- Auxiliar educador/a
- Educador/a social
- T. de orientación laboral
- T. animación sociocultural
- Axente de emprego e desenvolvemento local
- Docente universidade
- Axente de emprego e desenvolvemento local
- Educador/a familiar - pedagogo
- Animador/a cultural coordinador/a
- Docente atención tecnolóxica
- T. dinamización cultural
- Orientador/a laboral
- Orientador/a laboral
- T. de orientación laboral
- Educador/a social
- Educador/a social
Se estás á procura de emprego, recorda visitar regularmente a nosa web para estar ao tanto de todas as novidades.

O Consejo General de Colegios de Educación Social e o Ceesg, xunto con colexios doutros territorios, iniciamos o reto de facer unha revisión e posible actualización do Código Deontolóxico da nosa profesión.
Convidámoste a que dediques uns minutos disfutar dos vídeos que está facendo o GHEE-CEESPV para coñecer os principios deontolóxicos xerais. O código deontolóxico é de gran relevancia para a praxe profesional, e con estes vídeos queremos animar á reflexión sobre o texto actual
Se tes interese en ter máis información, ou enviarnos achegas e propostas, ponte en contacto connosco a través de etica@ceesg.gal.
Proximamente iremos compartindo outros vídeos