ACTUALIDADE
Achégase o 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, no que o movemento feminista se dará cita en concentracións e manifestacións en moitas vilas e cidades, nun berro necesario pola igualdade.
Animamos a participar nestes actos, e a vestir ese día a camiseta feminista do Ceesg. Recordamos que podes mercala aquí, e que se non podes pasar a recollela polo Ceesg, teremos opcións de recollida na Coruña, Lugo, Ourense e Vigo.
Para asegurarnos de poder ter unidades suficientes en cada localidade, aconsellamos reservar antes do 1 de marzo.
Viste a túa camiseta nas concentracións convocadas polo 8M, fai unha foto, súbea a redes sociais co hashtag #Educacionsocialfeminista e etiqueta ao Ceesg.
Xa se poden enviar propostas de artigos para a publicación na Revista RES, nº 36, monográfico ‘Los retos de la Educación Social en los próximos años’. Así nos presentan este próximo número:
Vivimos tempos nos que, como dicía Paulo Freire, a única certeza é a da incerteza. A guerra nas nosas latitudes, como escenario que criamos superado, colocounos ante a evidencia dunha crise ecolóxica e social global.
Queremos abordar como tema central do número 36, os retos da educación social, recoñecendo as múltiples achegas que a profesión fixo e pode realizar para analizar, comprender e transformar a realidade e as súas desigualdades.
Urxe ir reencontrando sentidos e abrindo novos debates tras o longo período de pandemia durante o que socialmente ocorreron cambios e emerxeron novas vulnerabilidades. En pleno desmantelamento do Estado do benestar, a Educación Social emerxe como un dereito e unha loita orientada a que se produza un cambio na calidade de vida das persoas, desde o respecto e a alteridade, desde o social e o comunitario e desde o político e o ético. O obxectivo é propiciar un espazo de reflexión e de encontro disciplinario que recolla o coñecemento, as aprendizaxes e a experiencia acumulada, poñendo en diálogo os aspectos teóricos e empíricos que acompañan o traballo práctico e profesional socioeducativo.
Poden enviarse artigos para este número antes do 15 de abril de 2023.
Recordamos que tamén se poden enviar propostas para a sección de miscelánea, na que se recollen outros temas interesantes aínda que fóra do tema central do número, así como ás seccións de actualidade e reseñas.
Ver presentación do vindeiro número na web da Revista RES (nesta páxina tamén podedes atopar enlaces con orientacións sobre as colaboracións, autorización de artigos e criterios de publicación)
A semana pasada reuniuse o xurado do 9º Concurso TFG.eduso, edición na que se puideron presentar os traballos realizados durante o curso 2021/2022.
O Concurso TFG.eduso premia os traballos de fin de grao de Educación Social presentados en galego nas universidades galegas.
Nesta edición presentáronse un total de 9 traballos (7 para a modalidade Educación Social escondida e 2 para a modalidade Educación Social estendida), e os seleccionados polo xurado foron:
Na modalidade EDUCACIÓN SOCIAL ESTENDIDA:
- Título: Abordar as actitudes e estereotipos negativos cara a vellez e a súa sexualidade: Unha responsabilidade desde a educación social.
- Autora: Raquel Saavedra Fernández.
- Titora: Isabel Piñeiro Aguín (Universidade da Coruña)
Na modalidade EDUCACIÓN SOCIAL ESCONDIDA:
- Título: “A categoría é… diversidade”. Unha proposta educativa baseada na cultura ballroom.
- Autor: Jonatan Santos Seoane.
- Titora: Nuria Manzano Soto (UNED)
Mención especial do xurado:
- Título: O acompañamento psicosocial no proceso de interrupción voluntaria do embarazo.
- Autora: Ana Rodríguez Pérez.
- Titora:Águeda Gómez Suárez (Universidade de Vigo - Campus de Ourense)
—
Parabéns ás gañadoras!!
Queremos agradecer a súa participación a todas e todos os participantes que presentaron os seus traballos ao concurso, así como ao xurado, que de xeito desinteresado fixeron posible levar a cabo esta iniciativa. Nesta convocatoria, o xurado estivo integrado por:
- Xosé Manuel Cid Fernández, profesor da Universidade de Vigo
- Silvana Longueira Mato, profesora da Universidade de Santiago.
- Luisa Losada Puente, profesora da Universidade da Coruña.
- Ana Fernández García, profesora da Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED)
- Sonia González Rodríguez, presidenta do Ceesg.
Estas son as ofertas de emprego máis recentes publicadas na web do Ceesg:
- Educador/a social
- Mediador/a
- Coordinador/a de recursos residenciais
- Auxiliar educativa/o
- Educador/a social
- Educador/a social
- Educador/a social
- T. de inclusión sociolaboral
- Educador/a social
- Responsable de proxecto
- Animador/a xeriátrico
- Axente de desenvolvemento social
- Orientador/a profesional para a inserción
- T. de inserción
Se estás á procura de emprego, recorda visitar regularmente a nosa web para estar ao tanto de todas as novidades.
Estas son as ofertas de emprego máis recentes publicadas na web do Ceesg:
- Axente de desenvolvemento local
- Animador/a centros sociosculturais
- Animador/a cultural (7)
- Animador/a social
- Animador/a sociocultural (14)
- Animador/a sociocultural e director/a - profesor/a da escola de música
- Asesor/a CIM
- Axente cultural
- Axente de desenvolvemento local (7)
- Axente de emprego (4)
- Axente de Emprego e Desenvolvemento Local (22)
- Axente de emprego local (2)
- Axente de Igualdade (3)
- Axente dinamizador/a
- Coordinador/a
- Coordinador/a centros socioculturais
- Coordinador/a de actividades xuvenís
- Coordinador/a de cursos
- Coordinador/a de educación
- Coordinador/a de voluntariado
- Coordinador/a de xuventude e voluntariado
- Coordinador/a e profesionais técnicos
- Coordinador/a ludoteca
- Coordinador/a xeral dos cursos de formación ocupacional
- Dinamizador/a cultural centro arqueolóxico
- Dinamizador/a social
- Dinamizador/a xuvenil
- Director/a da casa de cultura
- Director/a de desenvolvemento
- Director/a de residencia
- Director/a do CIM (5)
- Docente atención sociosanitaria
- Educación social e ciencias da educación
- Educador/a
- Educador/a de familia
- Educador/a familiar (29)
- Educador/a social (30)
- Educador/a social SPAD
- Educador/a social/familiar (2)
- Encargada/o OMIX
- Informador/a xuvenil (2)
- Informador/a xuvenil e t. de cultura
- Ludotecaria/o (2)
- Monitor/a centro de día
- Monitor/a de ocio e tempo libre
- Monitor/a de tempo libre (2)
- Monitor/a ludoteca
- Monitor/a sociocultural
- Orientador/a laboral (20)
- Orientador/a profesional
- Orientador/a profesional para a inserción (2)
- Preparador/a laboral
- Profesor/a adultos
- Programador/a de actividades culturais
- Responsable de coordinación
- Responsable de proxecto
- Responsable oficina información xuvenil
- T. da oficina de inforamción xuvenil
- T. de apoio social
- T. de cultura (5)
- T. de cultura e deportes
- T. de educación
- T. de emprego (2)
- T. de emprego e asuntos xerais
- T. de emprego local
- T. de igualdade
- T. de igualdade e emprego
- T. de información e animación xuvenil
- T. de información e orientación de emprego
- T. de información, orientación e prospección de emprego
- T. de inserción laboral (2)
- T. de inserción sociolaboral
- T. de intervención familiar - psicólogo
- T. de orientación familiar
- T. de orientación laboral
- T. de orientación laboral
- T. de voluntariado
- T. de xuventude (OPE)
- T. en actividades culturais
- T. en animación sociocultural
- T. en drogas (OPE)
- T. en drogodependencias
- T. en educación
- T. en emprego e formación ocupacional
- T. en igualdade (OPE)
- T. en orientación laboral (2)
- T. información xuvenil
- T. intervención e orientación educativa
- T. local de emprego (2)
- T. med. de actividades socioculturais
- T. medio de cultura (2)
- T. medio de promoción do emprego
- T. OMIX
- T. orientación laboral
- T. proxectos de cooperación en Honduras
- T. sociocultural (2)
- T. sociocultural e administrativo
- T. sup. de actividades socioculturais
- T. sup. De educación e igualdade (2)
- T. sup. Dinamización económica - orientación laboral
- T. sup. en emprego e formación ocupacional
- Técnica/o social
- Xestor/a formativo
Se estás á procura de emprego, recorda visitar regularmente a nosa web para estar ao tanto de todas as novidades.
O vindeiro mércores 18 de xaneiro ás 17:00 horas terá lugar a presentación do libro na sede do Ceesg en Santiago de Compostela.
O libro-guía ‘A Educación Social’ de Os Bolechas é unha ferramenta que visibiliza a profesión, que a explica, que fala da súa importancia e do seu impacto social nunha linguaxe que as nenas e nenos poden comprender.
Unha oportunidade de facerte cun dos exemplares desta edición limitada dos Bolechas que podes reservar na páxina web do Ceesg. (https://www.ceesg.gal/gl/ceesg/materiais-ceesg)