ACTUALIDADE
Este xoves 17 de novembro celebraremos un acto no que se fará público o apoio de expertas/os en Educación á incorporación de profesionais da Educación Social na escola, como unha vía idónea para a atención ao factor social do alumnado, onde está a etioloxía da exclusión escolar. No acto explicaranse as liñas argumentais máis importantes que sosteñen esta postura que aposta por un cambio de modelo escolar.
Será un único acto que terá lugar simultaneamente nas tres Facultades de Educación das Universidades galegas, con intervencións dende cada lugar e establecendo conexión por videoconferencia. Trátase dun acto aberto ao que se poderá asistir presencialmente en Santiago e Ourense, e que tamén se poderá seguir a través de videoconferencia dende calquera lugar.
Horario: de 16:30 a 17:30 h.
Lugar:
- OURENSE: Salón de graos da Facultade de Educación e Traballo Social da Universidade de Vigo (Campus de Ourense)
- SANTIAGO: Aula 15, módulo A, da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela (Campus Vida).
- EN LIÑA: A través de zoom
https://us06web.zoom.us/j/85802212854?pwd=Z1hhTU82eDFSMm9yQ3Fpekt4Z29iZz09ID de reunión: 858 0221 2854
Código de acceso: 143055
Cada ano, o Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia (Ceesg) elabora unha listaxe de profesionais dispostas/os a actuar como peritas/os.
A actividade pericial consiste na valoración obxectiva por parte de persoal experto dunha determinada situación ou feito, que pode ser influínte para a decisión xudicial, e pode ser empregado como proba nun xuízo. Este proceso está regulado pola Lei 1/2000, de 7 de xaneiro, de Axuizamento Civil.
As persoas que actúan como peritas/os prestan este servizo por conta propia (non hai contratación laboral co xulgado). Aínda que a formación e experiencia non son requisito para integrarse nesta lista, dende o Ceesg recomendamos ter formación específica na materia e experiencia como educador/a social, pois é fundamental coñecer como funcionan os procedementos xudiciais, as designacións, situacións de incompatibilidade, ter práctica na redacción de informes, etc.
Quen queira solicitar a súa inclusión nas listas de peritaxe, pode facelo cubrindo e enviando ao Ceesg a solicitude a servizos.colexiais@ceesg.gal.
PRAZO ata o 11 de decembro de 2022 (incluído)
Os datos que se faciliten enviaranse a Xulgados e Tribunais, ou facilitaranse ás entidades/persoas que poidan ter interese en contar cos servizos profesionais dunha/dun perita/o de parte.
Este venres 11 de novembro celébrase a “Jornada sobre el anteproyecto de ley de condiciones básicas para la igualdad en el acceso y disfrute de los Servicios Sociales” organizada conxuntamente entre o Consejo General de Colegios de Educadoras y Educadores Sociales y el Consejo Oficial de la Psicología.
Para a preparación da xornada creouse unha Comisión de Traballo na que participou a presidenta do Ceesg xunto a outras compañeiras e compañeiros doutros colexios membros do CGCEES e do Consejo Oficial de la Psicología, que formarán parte do programa.
As xornadas serán en Madrid e retransmitiranse vía streaming, a través do enlace que se facilitará ás persoas interesadas.
Esta xornada é dirixida exclusivamente a persoas colexiadas. O número de prazas é limitado e darase preferencia a aquelas educadoras/es sociais que teñan vinculación co ámbito dos servizos sociais.
Este é un acto de carácter exclusivamente interno, polo que pregamos que non se difunda nin o programa, nin o enlace de conexión.
Ir ao formulario de inscricións (ata o 8/11 ás 8:00) INSCRICIÓNS PECHADAS
Os pasados 28 e 29 de outubro, estivemos no Paraninfo da Universidade da Coruña, como parte da organización do XXI Simposio da Red Renta Básica.
Os colectivos de Renda Básica de Galicia traballan a favor da Renda Básica como unha idea de transformación e xustiza social. Están presentes en varias localidades do país, A Coruña, Betanzos e Santiago de Compostela, e teñen un obxectivo común: difundir e xerar debate público sobre a Renda Básica para a súa implementación o antes posible. E con esta mesma motivación organizouse este Simposio no que o Colexio tamén tivo representación no programa.
Precisamente, queremos destacar a mesa das profesións, na que participou a presidenta do Ceesg xunto a representantes do Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia, do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e do Concello da Coruña. Unha vez pasado o evento, pode verse o Simposio completo a través da súa canle de Youtube:
Enlace á sesión do sábado (a mesa de profesións é a primeira desta sesión)
Queda pouco para rematar 2022, e toca avaliar o ano que remata para preparar o ano que entra.
No referente ás formacións, cursos e obradoiros que o Ceesg pon a disposición das súas colexiadas e colexiados é moi importante para nós coñecer o grao de satisfacción das/os participantes así como a opinión, suxestións e propostas de cara a configurar unha oferta formativa atractiva, de calidade e, sobre todo, útil de cara ao 2023.
Dende o Ceesg queremos poñer o foco en dous eixos. Por un lado a adquisición de novas ferramentas de traballo que actualicen e perfeccionen as habilidades na práctica laboral diaria e por outro abrir novas portas no mercado laboral para as educadoras e educadores sociais en procura de emprego.
Para enfocar do xeito máis acertado a planificación formativa cara o ano 2023, pregámosche que nos axudes enviando a túa opinión no seguinte cuestionario. Só che levará un momento e para nós resulta información moi valiosa.
Ir ao formulario.
Grazas por axudarnos a mellorar, entre todas e todos facemos da Educación Social unha profesión máis forte e visible.
Moi pronto teremos ocasión de escoitar a David Vázquez, educador social, psicopedagogo e dinamizador sociocultural, presentando o seu libro ‘La mirada horizontal. Historias sin hogar de un educador social’.
O Ceesg, a Universidade de Santiago, o grupo SEPA da USC, e a Universidade da Coruña, organizamos sendas presentacións en Santiago e A Coruña, que terán lugar os días 30 de novembro e 1 de decembro respectivamente.
David Vázquez, co seu libro La mirada horizontal, invítanos á reflexión e ao diálogo facendo falar á experiencia a través de relatos e historias de educación social vividas en primeira persoa en diferentes ámbitos de intervención e cun mesmo denominador común: a exclusión. Comparte dúbidas, dilemas, acertos e fracasos en situacións profesionalmente emocionantes que só pasan traballando neste sector. Unhas inquedanzas, en definitiva, que responden á necesidade vital de escribir e de dar visibilidade á profesión de educar e ao desexo de transformar.
Lugares e datas das presentacións:
- SANTIAGO: Mércores 30 de novembro ás 11:30 no salón de actos da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago (Campus Vida)
- A CORUÑA: Xoves 1 de decembro ás 11:30 h. no salón de graos da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña (Campus de Elviña)