19 de febreiro: Asemblea Ceesg 2022
19 de febreiro: Asemblea Ceesg 2022

A Asemblea Xeral é o órgano supremo de toma de decisións do colexio, formado por todas as persoas colexiadas. Cada ano reúnese como mínimo unha vez para decidir sobre a actividade do colexio.

Este ano, a Asemblea Xeral Ordinaria terá lugar o 19 de febreiro e celebrarase de xeito presencial en Santiago de Compostela.

Todas as persoas que estean colexiadas na data de convocatoria (28/01/22) están convocadas a participar. Tamén poden participar as Amigas e amigos do Ceesg (con voz e sen voto).

Durante a pausa da Asemblea, celebraranse as eleccións á Xunta de Goberno do Ceesg, e paralelamente, terá lugar o acto de entrega de premios do 7º Concurso TFG.eduso, así como unha mesa redonda sobre os actuais retos da Educación Social, na que contaremos coa participación das Colexiadas e Colexiados de Honra do Ceesg.

Por cuestións organizativas para garantir a distancia persoal no recinto, pregamos confirmar asistencia previa enviando email a ceesg@ceesg.gal ata o 18 febreiro ás 14:00 h.

Enlace á documentación da Asemblea 2022.

  • Data: sábado 19 de febreiro de 2022.
  • Lugar: Casa das asociacións (antiga estación de Cornes). Rúa Manuel Beiras, 3. Santiago de Compostela (ver localización)
  • Inicio: 9:00 (primeira convocatoria), 9:30 (segunda convocatoria)
  • Fin: 13:30 aproximadamente.
Novas ofertas de emprego
Novas ofertas de emprego

Estas son as ofertas de emprego máis recentes publicadas na web do Ceesg:

  • Educador/a social
  • Experta/o docente en igualdade

    Se estás á procura de emprego, recorda visitar regularmente a nosa web para estar ao tanto de todas as novidades.

    Programa electoral da candidatura á Xunta de Goberno
    Programa electoral da candidatura á Xunta de Goberno

    Preséntase, para coñecemento de todas as colexiadas e colexiados, o programa da candidatura á Xunta de Goberno do Ceesg, que se someterá a votación o vindeiro 19 de febreiro.

    Ver programa electoral.

    Recordamos que na sección Transparencia > Eleccións 2022 vaise recollendo toda a información relacionada co proceso electoral, como o censo (para comprobar o dereito a voto) ou as instrucións para o voto por correo postal, entre outra documentación.

    Consulta pública do Proxecto de Lei de Servizos Sociais
    Consulta pública do Proxecto de Lei de Servizos Sociais

    O Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030 abriu período de Consulta Pública Previa para o Proxecto de Lei de Servizos Sociais.

    O CGCEES, como entidade representante da Educación Social a nivel estatal, realizará as súas achegas, e o Ceesg, como entidade integrante do CGCEES fará propostas a incluír nesas achegas.

    As colexiadas e colexiados que desexedes enviar as vosas propostas e observacións, podedes facelo participando na sesión virtual grupal que organizaremos o mércores 26 de xaneiro de 16:00a 18:00 h. (enviarase enlace de conexión por aviso en liña), e tamén enviando as achegas a servizos.colexiais@ceesg.gal (prazo máximo: 2 de febreiro)

    As achegas deberán ser concretas, claras e precisas para incorporar á futura norma, en liña coa demanda indicada no texto da consulta pública, non reflexións.

    Ver información na web do Ministerio.

    Enquisa de necesidades formativas
    Enquisa de necesidades formativas

    Convidamos a todas as persoas colexiadas ou amigas do Ceesg a cubrir un breve cuestionario que ten a finalidade de analizar as preferencias e necesidades de formación das educadoras e educadores sociais. Isto axudaranos a adecuar a nosa oferta formativa a estas necesidades, e así a mellorar as competencias profesionais no exercicio da profesión.
    Trátase dun cuestionario anónimo e cubrilo só leva un par de minutos.

    Ir ao cuestionario

    Cuestionario aberto ata o 9 de xaneiro.

    Selección de expertas/os en Xuventude
    Selección de expertas/os en Xuventude

    Facemos unha preselección de persoas expertas en xuventude.

    O CGCEES vai seleccionar tres educadoras/es sociais que proporá á Federación de Municipios e Provincias (FEMP) para a súa participación na avaliación de proxectos de xuventude presentados a dita Federación por parte de entidades locais de todo o estado.

    As persoas candidatas a realizar esta valoración deben ser educadoras/es sociais actualmente en activo, con traxectoria profesional acreditada e actual en Políticas de Xuventude no ámbito local.

    Como postularse?

    Os colexios profesionais dos distintos territorios farán a preselección de ata dúas persoas, e o CGCEES fará a valoración e selección final.

    Se respondes a este perfil e che interesa a proposta, envía o teu CV (en castelán, xa que poderá ser derivado ao CGCEES e á FEMP) xunto o documento de autorización de cesión de datos a servizos.colexiais@ceesg.gal.

    Prazo: ata o 28 de decembro ás 14:00 h., indicando no asunto ‘Expertas/os Xuventude FEMP’.

    Os CV das persoas preseleccionadas polo Ceesg serán enviados ao CGCEES para que os valoren, xunto cos recibidos por parte dos colexios profesionais doutros territorios.

    IMPRESCINDIBLE colexiación no Ceesg.