Avances no VIII Congreso Estatal de Educación Social
Avances no VIII Congreso Estatal de Educación Social

O VIII Congreso Estatal de Educación Social tivo que ser aprazado pola declaración do estado de alarma coa chegada da pandemia. Retómase agora cun novo formato descentralizado en liña, transmitido en streaming desde distintas localidades (Madrid, Cuenca, Canarias, País Vasco, Valencia, Murcia, Valladolid, Sevilla), do 31 de marzo ao 19 de maio de 2022.

A emisión en streaming será aberta, para que poider seguir todas as mesas que se desexe.

Non é necesaria inscrición. Só no caso de solicitar a certificación será necesario poñerse en contacto co colexio de cada territorio. Tan só consulta a web do Congreso para estar atento ás novidades e datas.

www.congresoeduso.org

Oferta de emprego no Ceesg
Oferta de emprego no Ceesg

O Ceesg incorporará ao seu equipo a un/ha educador/a social que se encargará do desenvolvemento do noso plan de formación.

Buscamos unha persoa implicada, organizada, con motivación e vocación polo desempeño deste traballo e con formación e experiencia específica.

Se cres que encaixas nesta oferta, mira os detalles no enlace a continuación e envíanos a túa candidatura.

Hoxe 8M, reivindicamos unha Educación Social Feminista
Hoxe 8M, reivindicamos unha Educación Social Feminista

O CGCEES, con motivo do 8M, Día das Mulleres, fai hoxe público un manifesto no que revindica a necesidade dunha Igualdade real entre todas as persoas, así como de incorporar a perspectiva de xénero, recordándonos que non podemos nin debemos olvidar que nos formaron para acompañar as persoas e xerar cambios sociais para construír unha sociedade libre de prexuizos.

Ver manifesto do CGCEES


O CGCEES creou o hashtag #EdusoESFeminismo para visibilizar nas redes sociais as achegas da Educación Social. Animamos a compartir na rede imaxes, memes, vídeos, cancións e todo o que queirades. E por suposto, tamén vos convocamos a participar en todas as manifestacións e concentracións convocadas para reinvindicar os dereitos das mulleres e a igualdade real. Luce a túa camiseta #EducaciónSocialFeminista e mándanos unha foto para poder compartila tamén nas nosas redes.


Por parte de Fiadeiras, o noso grupo de Feminismos do Ceesg, xunto co Colectivo Dones i Equitat do Ceesc voltan vivir e reivindicar xuntas o 8M desde a SORODIDADE. Unidas por unha EDUCACIÓN SOCIAL FEMINISTA, visibilizan o que para cada una delas significa a verba FEMINISMO, a través dun vídeo que compartiron en redes sociais e que tamén podedes ver aquí.

Sumámonos as mobilizacións do 8M
Sumámonos as mobilizacións do 8M

Dende o Ceesg, sumámonos ao manifesto de #Galegas8M ‘NIN ESCRAVAS NIN HEROÍNAS, MULLERES CON DEREITOS XA!Ver manifesto

Este ano non haberá manifestación unitaria, mais realizaranse mobilizacións locais ou comarcais. Enchamos as rúas de reivindicación pola igualdade!
#EducaciónSocialFeminista

Xuntanzas do proxecto SERV
Xuntanzas do proxecto SERV

O Ceesg participa estes días nas xuntanzas organizadas polo proxecto europeo SERV. Trátase dun proxecto de atención ás vítimas de violencia de xénero e queren fomentar encontros multidisciplinares.

Contando xa con informes de análise da situación, agora están a desenvolver varios encontros centrados nos 4 eixos do proxecto SERV (entorno seguro, reforzar a cooperación e coordinación entre todas as profesionais de atención ás vítimas, mellorar as canles de comunicación e facilidade de acceso a axudas e indemnizacións ás que poidan recorrer).

Na xornada de onte participamos no encontro que levou por título ‘Mantener una comunicación eficaz con las víctimas y un entorno seguro para que éstas puedan denunciar los delitos’. Nos próximos días continuarán os encontros, que teñen aberta a posibilidade de inscrición:


Día 7/03/2022. De 16.30 a 18.30 h. (on line)
Mejorar el apoyo y la protección a las víctimas más vulnerables
Ir ao formulario de inscrición.

Día 9/03/2022. De 16.30 a 18.30 h. (on line)
Facilitar el acceso de las víctimas a las indemnizaciones
Ir ao formulario de inscrición.

Día 14/03/2022. De 16.30 a 18.30 h. (on line)
Reforzar la cooperación y la coordinación entre todos los actores relevantes
Ir ao formulario de inscrición.

Reparto de camisetas e libretas #EducaciónSocialFeminista
Reparto de camisetas e libretas #EducaciónSocialFeminista

Se queres a túa camiseta #EducaciónSocialFeminista pero non podes pasar a recollela polo Ceesg, estableceremos puntos de recollida en:

  • A Coruña
  • Lugo
  • Ourense
  • Vigo

Resérvaa antes deste xoves 3 de marzo para asegurar dispoñer das unidades necesarias nos puntos de recollida. Nos próximos días indicaremos a data e lugar de recollida ás persoas que fagades a compra.

Viste a túa camiseta nas concentracións convocadas polo 8M, fai unha foto, súbea a redes sociais co hashtag #Educacionsocialfeminista e etiquetando ao Ceesg, e compartirémola!

Vémonos nas rúas das vosas vilas e cidades para reivindicar e continuar a loita feminista!

Máis información sobre as camisetas e cadernos