Presentación do libro ‘A Educación Social’ dos Bolechas
Presentación do libro ‘A Educación Social’ dos Bolechas

O vindeiro mércores 18 de xaneiro ás 17:00 horas terá lugar a presentación do libro na sede do Ceesg en Santiago de Compostela.

O libro-guía ‘A Educación Social’ de Os Bolechas é unha ferramenta que visibiliza a profesión, que a explica, que fala da súa importancia e do seu impacto social nunha linguaxe que as nenas e nenos poden comprender.

Unha oportunidade de facerte cun dos exemplares desta edición limitada dos Bolechas que podes reservar na páxina web do Ceesg. (https://www.ceesg.gal/gl/ceesg/materiais-ceesg)

Novas ofertas de emprego
Novas ofertas de emprego

Estas son as ofertas de emprego máis recentes publicadas na web do Ceesg:

  • Axente de emprego e desenvolvemento local
  • Animador/a cultural
  • Axente de emprego e desenvolvemento local
  • Docente servizo de cultura
  • Monitor/a de conciliación
  • T. de cultura
  • Educador/a familiar
  • Informador/a xuvenil
  • Axente de emprego e desenvolvemento local
  • T. local de emprego
  • Mediador/a sociocultural
  • T. de educación
  • T. mocidade e información xuvenil
  • T. medio de inserción laboral
  • T. orientación laboral
  • Axente de emprego e desenvolvemento local
  • Educador/a familiar
  • Responsable OMIX
  • Animador/a cultural
  • T. de apoio social
  • Educador/a social
  • T. de xuventude e educación (OPE)
  • Xestor/a cultural
  • Axente de emprego e desenvolvemento local
  • T. de asesoramento á muller
  • T. de información xuvenil
  • Educador/a famiiar
  • T. coordinador/a de cultura
  • T. orientación laboral
  • Orientador/a laboral
  • Coordinador/a centro social
  • Axente de emprego e desenvolvemento local
  • Educador/a familiar
  • Coordinador/a do Programa Integrado de Emprego
  • Director/a da residencia municipal
  • Axente de emprego
  • T. orientación laboral
  • Axente de Desenvolvemento local
  • Educador/a
  • Educador/a
  • Educador/a
  • T. de servizos sociais
  • T. de políticas de igualdade
  • Orientador/a laboral
  • Axente de emprego e desenvolvemento local
  • T. de xestión cultural
  • Educador/a familiar
  • T. de atención á cidadanía - OMIX
  • T. de cultura
  • T. de emprego e orientación laboral
  • Educador/a social
  • T. de mocidade - aux. amtvo.
  • T. en prevención de drogodependencias e outras condutas adictivas
  • Axente de emprego
  • Axente de emprego
  • T. local de emprego
  • Educador/a social
  • Animador/a básico de cultura
  • Axente de emprego e desenvolvemento local
  • Educador/a social
  • Encargada/o OMIX
  • Axente de emprego e desenvolvemento local
  • Animador/a sociocultural
  • Xestor/a de talleres ocupacionais
  • Orientador/a laboral
  • Axente de desenvolvemento local
  • Axente de emprego e desenvolvemento local
  • Axente de emprego e desenvolvemento local
  • Educador/a familiar
  • Director CFO
  • T. dinamizador/a CEMIT
  • Animador/a sociocultural
  • T. cultura
  • Orientador/a laboral
  • T. de cultura
  • Orientador/a laboral
  • Animador/a sociocultural
  • Educador/a familiar
  • Axente de emprego e desenvolvemento rural
  • Monitor/a de tempo libre
  • T. local de emprego
  • Monitor/a educador/a
  • Informador/a xuvenil
  • Axente de emprego
  • Axente de emprego e desenvolvemento local
  • Educador/a familiar
  • Educador/a social
  • Encargado/a biblioteca e monitor/a
  • Monitor/a de centros educativos fóra de horario lectivo
  • Educador/a familiar
  • Axente de desenvolvemento local
  • Orientador/a laboral
  • Responsable OMIX
  • Axente de emprego e desenvolvemento local
  • Educador/a social
  • T. de inserción laboral
  • Axente de emprego e desenvolvemento local
  • T. sociocultural
  • Orientador/a laboral
  • Educador/a familiar
  • Coordinador/a de cultura
  • Monitor/a de ludoteca
  • Educador/a familiar
  • T. orientación laboral
  • T. orientador/a - coordinador/a PIE
  • T. orientador/a PIE
  • Orientador/a laboral
  • T. sup. en xestión cultural
  • Animador/a cultural
  • Educador/a social
  • Axente de emprego
  • Axente de emprego e desenvolvemento local
  • Axente de emprego e desenvolvemento local
  • Axente de emprego e desenvolvemento local
  • Corpos de profesorado

Se estás á procura de emprego, recorda visitar regularmente a nosa web para estar ao tanto de todas as novidades.

Novo número da revista RES. VIII Congreso de Educación Social
Novo número da revista RES. VIII Congreso de Educación Social

Está dispoñible o novo número da Revista RES, Revista de Educación Social: Número 35. Monográfico: VIII Congreso de Educación Social. Registro, memoria y palabra.

ENLACE AO NÚMERO 35 DA REVISTA RES

ENLACE Á EDICIÓN EN PDF

“Os Congresos supuxeron ao longo da historia da profesión escenarios de reflexión, diálogo e estudo da práctica da Educación Social. O VIII Congreso Estatal de Educación Social, organizado polo Consejo General de Colegios de Educadoras y Educadores Sociales (CGCEES) en colaboración con los colegios de los territorios de: Madrid, Canarias, Castela-A Mancha, Castela e León, País Vasco, Valencia, Murcia e Sevilla, baixo o lema ‘Dignidade e Dereitos’, vertebrouse en dous eixos principais: A dignidade das persoas, dos/as profesionais e o dereito á Educación Social e A acción socioeducativa como acción transformadora.
Partindo desta primeira reflexión, o lema xeral integraba catro conceptos que se consideraron prioritarios: Compromiso, Dereitos, Transformación e Dignidade, incidindo na acción transformadora da educación social nos diferentes contextos socioeducativos e na necesidade da cooperación entre o académico e a práctica da acción socioeducativa e comunitaria.
A celebración do VIII Congreso de Educación Social ‘Educación Social, dignidade e dereitos en tempos de pandemia’ viuse afectada polos escenarios que vivimos nos dous últimos anos, dominados pola pandemia da Covid19. Co esforzo colectivo de todas as organizacións de profesionais da Educación Social do estado español, púidose realizar durante esta primavera pasada, a de 2022, cun formato innovador, híbrido, coral, en nove xornadas, cada unha en diferente lugar da xeografía española, entre os días 31 de marzo e 2 de xuño. Este formato mostrouse como moi esperanzador e posible modelo a replicar en futuros eventos.
Nos números 33 e 34 da revista RES xa se deu saída ás contribucións do congreso. E neste número 35, recóllese o que de ‘palabra’ e de ‘imaxe’ significou este encontro. Facilítánse así os relatorios, os resumos, os vídeos dos actos, etc., que alí se xeraron, ofrecendo a posibilidade de que o colectivo da Educación Social comparta o seu camiñar xuntos nesa reflexión que sempre significa un congreso, desde esta xanela aberta ao mundo que segue sendo RES Revista de Educación Social”.

O próximo número da revista RES, o 36, terá por título ‘Los retos de la Educación Social en los próximos años’ e poderase colaborar enviando artigos ata o 15 de abril de 2023.

Achegas ao decreto de creación do Consello de Infancia e Adolescencia
Achegas ao decreto de creación do Consello de Infancia e Adolescencia

Recentemente, a Xunta de Galicia publicou no seu portal da Transparencia o proxecto de Decreto polo que se crea e regula o Consello Autonómico de Infancia e Adolescencia, abrindo un prazo para o envío de suxestións.

Dende o Ceesg, a través do grupo Escaravellando, enviamos as nosas achegas a esta norma, que ten como finalidade articular a intervención da infancia e adolescencia facilitándolles un espazo para que expresen, propoñan ideas e tomen decisións no ámbito autonómico sobre aquelas cuestións que lles afecten directa ou indirectamente.

Próximo número da revista Galeduso: Educación Social e Renda Básica
Próximo número da revista Galeduso: Educación Social e Renda Básica

Comezan os traballos do número 14, centrado en Renda Básica.
A participación no Consello de Redacción está aberta a toda colexiada/o que o desexe.

A Revista Galeduso é un dos principais soportes de comunicación do Colexio, vía de expresión das educadoras e dos educadores sociais, fonte de intercambio científico e profesional, contedor de experiencias e boas prácticas na Educación Social, xerador de propostas reivindicativas de mellora no noso campo profesional e na sociedade no seu conxunto. Dende o ano 2010 ten un carácter monográfico, abordando en profundidade os temas emerxentes na Educación Social, nos seus distintos ámbitos de actuación, dende a óptica da reflexión e investigación-acción, unindo praxe e teoría, como vía de transformación social.

O próximo número da Revista, o 14, será un monográfico sobre Educación Social e Renda Básica.
A Renda Básica pódese definir coma un ingreso regular que permite levar unha vida digna (suficiente) para cada membro da sociedade (universal) polo simple feito de ter nacido (incondicional) e xestionada por cada quen (individual).
En marzo do ano 2019, o Concello da Coruña e o Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia organizamos as xornadas ‘Renda básica: o novo dereito social necesario’, en colaboración co Colectivo pola Renda Básica da Coruña, a Universidade da Coruña e Praza Pública, co obxectivo de abrir o debate público e dar a coñecer á cidadanía esta idea tan necesaria para afrontar un futuro incerto.
Neste novo número da revista Galeduso queremos acoller os relatorios e os enfoques presentados nesas Xornadas, facendo eco desta proposta que ten cada vez maior relevancia no debate público e que pode supoñer modificacións no modelo de intervención dos servizos sociais e na intervención dende a Educación Social.

Se che gustaría participar no Consello de Redacción contacta co Ceesg antes do 31 de decembro (tlf. 981552206 ou ceesg@ceesg.gal).

Os Bolechas visitan o Ceesg
Os Bolechas visitan o Ceesg

Unha nova guía ‘Os Bolechas’ conta ás nenas e nenos a que se dedican as educadoras e educadores sociais.
Esta publicación busca visibilizar a profesión e achegar un instrumento que facilite a explicación ás crianzas do papel que temos como profesionais.
‘Os Bolechas’ visitan o Ceesg, e alí explícanlle que é a Educación Social, con quen traballan as educadoras e educadores sociais, en que ámbitos, con que obxectivos, e tamén como teñen que facer para ser educadoras/es sociais.

O libro estará dispoñible proximamente, pero xa se pode facer a reserva a través da web.
O prezo é de 7€.
Poderá recollerse na sede do Ceesg, en eventos presenciais organizados polo colexio, e tamén intentaremos facilitar a distribución noutras localidades de Galicia.