Camisetas #EducaciónSocialFeminista - 8M
Camisetas #EducaciónSocialFeminista - 8M

Achégase o 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, no que o movemento feminista se dará cita en concentracións e manifestacións en moitas vilas e cidades, nun berro necesario pola igualdade.
Animamos a participar nestes actos, e a vestir ese día a camiseta feminista do Ceesg. Recordamos que podes mercala aquí, e que se non podes pasar a recollela polo Ceesg, teremos opcións de recollida na Coruña, Lugo, Ourense e Vigo.
Para asegurarnos de poder ter unidades suficientes en cada localidade, aconsellamos reservar antes do 1 de marzo.

Viste a túa camiseta nas concentracións convocadas polo 8M, fai unha foto, súbea a redes sociais co hashtag #Educacionsocialfeminista e etiqueta ao Ceesg.

Máis información sobre as camisetas

Próximo número da revista Res: retos da Educación Social
Próximo número da revista Res: retos da Educación Social

Xa se poden enviar propostas de artigos para a publicación na Revista RES, nº 36, monográfico ‘Los retos de la Educación Social en los próximos años’. Así nos presentan este próximo número:

Vivimos tempos nos que, como dicía Paulo Freire, a única certeza é a da incerteza. A guerra nas nosas latitudes, como escenario que criamos superado, colocounos ante a evidencia dunha crise ecolóxica e social global.

Queremos abordar como tema central do número 36, os retos da educación social, recoñecendo as múltiples achegas que a profesión fixo e pode realizar para analizar, comprender e transformar a realidade e as súas desigualdades.

Urxe ir reencontrando sentidos e abrindo novos debates tras o longo período de pandemia durante o que socialmente ocorreron cambios e emerxeron novas vulnerabilidades. En pleno desmantelamento do Estado do benestar, a Educación Social emerxe como un dereito e unha loita orientada a que se produza un cambio na calidade de vida das persoas, desde o respecto e a alteridade, desde o social e o comunitario e desde o político e o ético. O obxectivo é propiciar un espazo de reflexión e de encontro disciplinario que recolla o coñecemento, as aprendizaxes e a experiencia acumulada, poñendo en diálogo os aspectos teóricos e empíricos que acompañan o traballo práctico e profesional socioeducativo.

Poden enviarse artigos para este número antes do 15 de abril de 2023.
Recordamos que tamén se poden enviar propostas para a sección de miscelánea, na que se recollen outros temas interesantes aínda que fóra do tema central do número, así como ás seccións de actualidade e reseñas.

Ver presentación do vindeiro número na web da Revista RES
(nesta páxina tamén podedes atopar enlaces con orientacións sobre as colaboracións, autorización de artigos e criterios de publicación)

Resultado do 9º Concurso TFG.eduso
Resultado do 9º Concurso TFG.eduso

A semana pasada reuniuse o xurado do 9º Concurso TFG.eduso, edición na que se puideron presentar os traballos realizados durante o curso 2021/2022.

O Concurso TFG.eduso premia os traballos de fin de grao de Educación Social presentados en galego nas universidades galegas.

Nesta edición presentáronse un total de 9 traballos (7 para a modalidade Educación Social escondida e 2 para a modalidade Educación Social estendida), e os seleccionados polo xurado foron:

Na modalidade EDUCACIÓN SOCIAL ESTENDIDA:

  • Título: Abordar as actitudes e estereotipos negativos cara a vellez e a súa sexualidade: Unha responsabilidade desde a educación social.
  • Autora: Raquel Saavedra Fernández.
  • Titora: Isabel Piñeiro Aguín (Universidade da Coruña)

Na modalidade EDUCACIÓN SOCIAL ESCONDIDA:

  • Título: “A categoría é… diversidade”. Unha proposta educativa baseada na cultura ballroom.
  • Autor: Jonatan Santos Seoane.
  • Titora: Nuria Manzano Soto (UNED)

Mención especial do xurado:

  • Título: O acompañamento psicosocial no proceso de interrupción voluntaria do embarazo.
  • Autora: Ana Rodríguez Pérez.
  • Titora:Águeda Gómez Suárez (Universidade de Vigo - Campus de Ourense)

Parabéns ás gañadoras!!

Queremos agradecer a súa participación a todas e todos os participantes que presentaron os seus traballos ao concurso, así como ao xurado, que de xeito desinteresado fixeron posible levar a cabo esta iniciativa. Nesta convocatoria, o xurado estivo integrado por:

  • Xosé Manuel Cid Fernández, profesor da Universidade de Vigo
  • Silvana Longueira Mato, profesora da Universidade de Santiago.
  • Luisa Losada Puente, profesora da Universidade da Coruña.
  • Ana Fernández García, profesora da Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED)
  • Sonia González Rodríguez, presidenta do Ceesg.
Novas ofertas de emprego
Novas ofertas de emprego

Estas son as ofertas de emprego máis recentes publicadas na web do Ceesg:

  • Educador/a social
  • Mediador/a
  • Coordinador/a de recursos residenciais
  • Auxiliar educativa/o
  • Educador/a social
  • Educador/a social
  • Educador/a social
  • T. de inclusión sociolaboral
  • Educador/a social
  • Responsable de proxecto
  • Animador/a xeriátrico
  • Axente de desenvolvemento social
  • Orientador/a profesional para a inserción
  • T. de inserción

Se estás á procura de emprego, recorda visitar regularmente a nosa web para estar ao tanto de todas as novidades.

Novos grupos de traballo no Ceesg
Novos grupos de traballo no Ceesg

Os grupos de traballo son moi importantes para que dende o Ceesg poidamos abarcar actuacións en diferentes ámbitos de traballo.
Por iso, queremos abrir a proposta de creación de dous novos grupos de traballo, especializados en ámbitos que consideramos moi relevantes:

    Renda Básica e Educación Social.

    Educación Social en prisións.


Quen pode formar parte dun grupo de traballo?
Calquera persoa colexiada ou amiga do Ceesg. O único requisito é ter interese no eido do grupo e compromiso para participar.

Que fai un grupo de traballo?
Poden desenvolver distintas liñas de acción para a mellora da nosa profesión: elaboración de estudos e informes, organización de xornadas formativas e outras actividades de divulgación, creación de ferramentas de traballo, publicación de artigos… Así mesmo, poden ter un papel asesor aos órganos directivos e ao persoal do Ceesg sobre aspectos relacionado coa súa área de traballo.

Como funcionan os grupos de traballo?
Os obxectivos e actuacións de cada grupo de traballo defínense anualmente no plan que deben presentar á Xunta de Goberno para a súa aprobación e inclusión no Plan de traballo anual do Ceesg. Son as propias persoas do grupo quen establecen o xeito de estar en contacto.

Que facer para participar nos novos grupos?
Gustaríanos celebrar xuntanzas a mediados de febreiro, nas que xa poderían quedar constituídos os grupos de Prisións e de Renda Básica.
Se che interesa participar, ou queres informarte, escríbenos a servizos.colexiais@ceesg.gal ou chámanos ao 981552206. Estaremos en contacto coas persoas interesadas para marcar a data de xuntanza e poñernos en marcha.

En que outros grupos se pode participar?
Diverdade
, centrado en diversidade funcional, está nun momento no que precisa sumar apoios para poder continuar a súa actividade. Se tes inquedanzas sobre este ámbito, poñerémoste en contacto coas persoas do grupo para falar polo miúdo e que decidas se o grupo é para ti.
Outros grupos que existen son: Animación sociocultural e xestion cultural, Miolo (saúde), Escaravallendo/aBeira (infancia e familias), Fiadeiras (feminismos), e Geix (persoas maiores).

Novas ofertas de emprego
Novas ofertas de emprego

Estas son as ofertas de emprego máis recentes publicadas na web do Ceesg:

  • Axente de desenvolvemento local
  • Animador/a centros sociosculturais
  • Animador/a cultural (7)
  • Animador/a social
  • Animador/a sociocultural (14)
  • Animador/a sociocultural e director/a - profesor/a da escola de música
  • Asesor/a CIM
  • Axente cultural
  • Axente de desenvolvemento local (7)
  • Axente de emprego (4)
  • Axente de Emprego e Desenvolvemento Local (22)
  • Axente de emprego local (2)
  • Axente de Igualdade (3)
  • Axente dinamizador/a
  • Coordinador/a
  • Coordinador/a centros socioculturais
  • Coordinador/a de actividades xuvenís
  • Coordinador/a de cursos
  • Coordinador/a de educación
  • Coordinador/a de voluntariado
  • Coordinador/a de xuventude e voluntariado
  • Coordinador/a e profesionais técnicos
  • Coordinador/a ludoteca
  • Coordinador/a xeral dos cursos de formación ocupacional
  • Dinamizador/a cultural centro arqueolóxico
  • Dinamizador/a social
  • Dinamizador/a xuvenil
  • Director/a da casa de cultura
  • Director/a de desenvolvemento
  • Director/a de residencia
  • Director/a do CIM (5)
  • Docente atención sociosanitaria
  • Educación social e ciencias da educación
  • Educador/a
  • Educador/a de familia
  • Educador/a familiar (29)
  • Educador/a social (30)
  • Educador/a social SPAD
  • Educador/a social/familiar (2)
  • Encargada/o OMIX
  • Informador/a xuvenil (2)
  • Informador/a xuvenil e t. de cultura
  • Ludotecaria/o (2)
  • Monitor/a centro de día
  • Monitor/a de ocio e tempo libre
  • Monitor/a de tempo libre (2)
  • Monitor/a ludoteca
  • Monitor/a sociocultural
  • Orientador/a laboral (20)
  • Orientador/a profesional
  • Orientador/a profesional para a inserción (2)
  • Preparador/a laboral
  • Profesor/a adultos
  • Programador/a de actividades culturais
  • Responsable de coordinación
  • Responsable de proxecto
  • Responsable oficina información xuvenil
  • T. da oficina de inforamción xuvenil
  • T. de apoio social
  • T. de cultura (5)
  • T. de cultura e deportes
  • T. de educación
  • T. de emprego (2)
  • T. de emprego e asuntos xerais
  • T. de emprego local
  • T. de igualdade
  • T. de igualdade e emprego
  • T. de información e animación xuvenil
  • T. de información e orientación de emprego
  • T. de información, orientación e prospección de emprego
  • T. de inserción laboral (2)
  • T. de inserción sociolaboral
  • T. de intervención familiar - psicólogo
  • T. de orientación familiar
  • T. de orientación laboral
  • T. de orientación laboral
  • T. de voluntariado
  • T. de xuventude (OPE)
  • T. en actividades culturais
  • T. en animación sociocultural
  • T. en drogas (OPE)
  • T. en drogodependencias
  • T. en educación
  • T. en emprego e formación ocupacional
  • T. en igualdade (OPE)
  • T. en orientación laboral (2)
  • T. información xuvenil
  • T. intervención e orientación educativa
  • T. local de emprego (2)
  • T. med. de actividades socioculturais
  • T. medio de cultura (2)
  • T. medio de promoción do emprego
  • T. OMIX
  • T. orientación laboral
  • T. proxectos de cooperación en Honduras
  • T. sociocultural (2)
  • T. sociocultural e administrativo
  • T. sup. de actividades socioculturais
  • T. sup. De educación e igualdade (2)
  • T. sup. Dinamización económica - orientación laboral
  • T. sup. en emprego e formación ocupacional
  • Técnica/o social
  • Xestor/a formativo

Se estás á procura de emprego, recorda visitar regularmente a nosa web para estar ao tanto de todas as novidades.