Presentación do libro ‘A Educación Social’ dos Bolechas na Coruña
Presentación do libro ‘A Educación Social’ dos Bolechas na Coruña

Os vindeiros 23 e 24 de marzo teremos unha nova presentación do libro ‘A Educación Social’ de Os Bolechas.
Tócalle agora á cidade da Coruña, na Facultade de Educación.

O libro-guía ‘A Educación Social’ de Os Bolechas é unha ferramenta que visibiliza a profesión, que a explica, que fala da súa importancia e do seu impacto social nunha linguaxe que as nenas e nenos poden comprender.

Non perdas a oportunidade de facerte cun dos exemplares desta edición limitada dos Bolechas que podes reservar na páxina web do Ceesg.

Xoves 23 de marzo: ás 9:00 na aula 1-6.

Venres 24 de marzo ás 9:00 na aula 2-6.

8M, Día das Mulleres
8M, Día das Mulleres

Hoxe, Día Internacional da Muller, debemos lembrar que a Educación Social é unha profesión amplamente feminizada e infravalorada, como outras que consisten en coidar e acompañar a persoas en situación de vulnerabilidade e exclusión.
É necesario incidir nas dificultades laborais das Educadoras Sociais no exercicio da súa profesión e, unha vez máis, denunciar as malas condicións e a externalización dos servizos sociais básicos en detrimento dun servizo profesional público, gratuíto e universal.
A Educación Social debe ser FEMINISTA para seguir avanzando en igualdade, respecto, solidariedade e empoderamento.

Convidámoste a visibilizar a Educación Social feminista nas redes: #edusoESfeminismo.


Imaxe cedida por Freepik

Investigación sobre a diversidade cultural como campo da Educación Social
Investigación sobre a diversidade cultural como campo da Educación Social

Compartimos un cuestionario que forma parte dun proxecto de Tese Doutoral en curso que estuda a diversidade cultural como campo de profesionalización na educación social.
Coa recollida destes datos preténdese coñecer a percepción e interese sobre a diversidade cultural como ámbito profesional do/a educador/a social, a medida en que se presenta no exercicio da profesión e o grao de adquisición de competencias interculturais, así como as aprendizaxes sobre atención socioeducativa á diversidade cultural que se ten acadado na formación inicial e continua e as melloras formativas que se poderían introducir nesta liña. Animamos a todo o colectivo colexial a cubrir este cuestionario, que contribuirá ao enriquecemento dunha investigación que ten como marco a profesión e de Educación Social.

Ir ao cuestionario

Propostas para unhas políticas públicas de benestar
Propostas para unhas políticas públicas de benestar

Desde o Ceesg queremos contribuír á construción dunhas políticas públicas máis xustas e eficaces, que nos permitan acadar unha sociedade plenamente inclusiva e máis igualitaria.

Con este obxectivo, e tendo en conta que este ano se celebrarán eleccións municipais, achegamos aos principais partidos políticos que se presentan a ditas eleccións unha serie de propostas que consideramos necesarias no sector público e que poden impulsarse desde as corporacións locais. O exercicio da profesión Educación Social outórganos unha posición dende a que podemos coñecer de primeira man as vulnerabilidades das persoas e as eivas dos sistemas e recursos de atención, polo que consideramos que as propostas achegadas teñen un valor que debe ser tido en consideración.

Convidamos ás persoas colexiadas que teñades esa posibilidade a que compartades este documento cos partidos políticos das vosas localidades.

Novas ofertas de emprego
Novas ofertas de emprego

Estas son as ofertas de emprego máis recentes publicadas na web do Ceesg:

  • T. de igualdade
  • Educador/a familiar
  • T. de intervención en inclusión social e igualdade
  • T. de emprego
  • Educador/a social
  • Educador/a social
  • Coordinador/a sociosanitario
  • Educador/a social
  • Educador/a social

Se estás á procura de emprego, recorda visitar regularmente a nosa web para estar ao tanto de todas as novidades.

Presentación do libro ‘A Educación Social’ dos Bolechas en Ourense
Presentación do libro ‘A Educación Social’ dos Bolechas en Ourense

O vindeiro 6 de marzo teremos unha nova presentación do libro ‘A Educación Social’ de Os Bolechas.
Desta volta será en Ourense, na Facultade de Educación e Traballo Social, na Aula Emilia Pardo Bazán, ás 18:00 h.

O libro-guía ‘A Educación Social’ de Os Bolechas é unha ferramenta que visibiliza a profesión, que a explica, que fala da súa importancia e do seu impacto social nunha linguaxe que as nenas e nenos poden comprender.

Non perdas a oportunidade de facerte cun dos exemplares desta edición limitada dos Bolechas que podes reservar na páxina web do Ceesg.