Este sábado celebraremos a Asemblea Xeral do Ceesg
Este sábado celebraremos a Asemblea Xeral do Ceesg

Cada ano, a Asemblea Xeral do Ceesg, formada por todas as persoas colexiadas, reúnese para decidir sobre a actividade do Colexio.

O vindeiro sábado en Santiago de Compostela, terá lugar a Asemblea 2023.

Todas as persoas colexiadas na data de convocatoria (10/03/23) están convocadas a participar. Tamén poden participar as Amigas e amigos do Ceesg (con voz e sen voto).

A documentación relacionada cos distintos puntos da orde do día está colgada na web do Ceesg, sección Transparencia.

Para facilitar a asitencia, haberá un servizo de conciliación de 9:30 a 14:30 h., para o que será necesaria reserva previa (ata o 24/03/23 ás 12:00), por teléfono ou enviándonos unha mensaxe indicando o nome da persoa participante na asemblea e o número de crianzas que farán uso do servizo.

Ao finalizar a asemblea haberá un servizo de cátering. Agradecemos confirmación de asistencia ao mesmo para adaptar a organización ao número de asistentes.

Enlace á documentación da Asemblea 2023.
(necesario iniciar sesión para ver a documentación)

  • Data: sábado 25 de marzo de 2023.
  • Lugar: Escola Galega de Administración Pública (Rúa Madrid, 2) Santiago de Compostela (ver localización)
  • Inicio: 11:30 (primeira convocatoria), 12:00 (segunda convocatoria)
  • Fin: 14:30 aproximadamente.
Formación: Acompañamento socioeducativo e Educación Social
Formación: Acompañamento socioeducativo e Educación Social

No marco da Asemblea Xeral do Ceesg, que se celebrará o vindeiro 25 de marzo en Compostela, celebraremos unha formación que afondará no concepto do acompañamento socioeducativo.
O papel en clave educativa da/o profesional da Educación Social no traballo con persoas que atravesan diferentes procesos vitais e de cambio, é fundamental para que poidan construír por si mesmas/os as respostas ás súas vulnerabilidades.
Este curso é gratuíto e está dirixido a aquelas colexiadas, colexiados e estudantes amigas/os do Ceesg que vaian asistir á Asemblea Xeral posterior.
Para a asistencia é necesaria a inscrición previa.

Curso: Acompañamento socioeducativo e Educación Social.
Data: 25 de marzo de 2023
Horario: de 9:30 a 11:30 h.
Lugar: Santiago de Compostela. Escola Galega de Administración Pública (EGAP) - Aula 5
Cota: gratuíta.
Destinatarias/os: Colexiadas/os e/ou estudantes Amigas/os do Ceesg que asistan á Asemblea Xeral do Ceesg, que se celebrará a continuación.
Docentes: Sonia González Rodríguez, Deibe Fernández Simo.
Prazo de inscrición: ata o 20 de marzo (incluído).

(prazo de inscrición pechado)

Buscamos experiencias de Educación Social e Saúde Mental
Buscamos experiencias de Educación Social e Saúde Mental

O Grupo de Traballo de Saúde Miolo, do Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia, está traballando na organización dunha Xornada que ten por finalidade favorecer a difusión e posta en valor de proxectos relacionados coa saúde mental nos que ten presenza a Educación Social, facilitando ademais un espazo para o encontro e o fortalecemento de redes profesionais e para a reflexión acerca das actuais necesidades socioeducativas neste eido.

Se queres presentar nesta xornada un proxecto ou iniciativa do que formas parte, convidámoste a enviarnos a información para que poidamos valoralo. Procuraremos conformar un programa que abarque diferentes eidos e enfoques, para que sexa o máis enriquecedor posible. Para facilitar a tarefa, creamos un formulario no que formulamos unhas cuestións básicas:

Ir ao formulario

Proximamente respostarase ás propostas presentadas, para confirmar se foron seleccionadas para formar parte do programa. Está previsto celebrar a xornada en Santiago de Compostela no mes de outubro (data por concretar) Cando estea máis avanzado, informaremos para que calquera persoa interesada poida asistir.

Novas ofertas de emprego
Novas ofertas de emprego

Estas son as ofertas de emprego máis recentes publicadas na web do Ceesg:

  • Educador/a social
  • Educador/a familiar
  • T. orientación laboral
  • Técnica/o social
  • Técnica/o social
  • Coordinador/a de albergue
  • Orientador/a laboral
  • Educador/a social
  • T. en igualdade de xénero
  • Educador/a social
  • Téc. De igualdade e inclusión
  • Animador/a sociocultural
  • Educador/a social
  • Educador/a social
  • Téc. Especialista
  • Educador/a social
  • Coordinador/a intervención familiar
  • Técnica/o
  • T. medio de servizos sociais
  • T. de xestión cultural e actividades (OPE)
  • T. aux. de educación (OPE)

Se estás á procura de emprego, recorda visitar regularmente a nosa web para estar ao tanto de todas as novidades.

Asemblea Ceesg 2023
Asemblea Ceesg 2023

A Asemblea Xeral é o órgano supremo de toma de decisións do colexio, formado por todas as persoas colexiadas. Cada ano reúnese como mínimo unha vez para decidir sobre a actividade do colexio.

Este ano, a Asemblea Xeral Ordinaria terá lugar o 25 de marzo e celebrarase de xeito presencial en Santiago de Compostela.

Todas as persoas que estean colexiadas na data de convocatoria (10/03/23) están convocadas a participar. Tamén poden participar as Amigas e amigos do Ceesg (con voz e sen voto).

A documentación relacionada cos distintos puntos da orde do día irase colgando na web do Ceesg, sección Transparencia.

Enlace á documentación da Asemblea 2023.
(necesario iniciar sesión para ver a documentación)

  • Data: sábado 25 de marzo de 2023.
  • Lugar: Escola Galega de Administración Pública (Rúa Madrid, 2) Santiago de Compostela (ver localización)
  • Inicio: 11:30 (primeira convocatoria), 12:00 (segunda convocatoria)
  • Fin: 14:30 aproximadamente.

Para optimizar este encontro, na mesma data e lugar organizaremos unha acción formativa previa para a que será necesaria inscrición e incluirá a presentación do libro ‘A Educación Social’ de Os Bolechas. Proximamente informaremos dos detalles a través das canles habituais.

Revisión do Código Deontolóxico da Educación Social
Revisión do Código Deontolóxico da Educación Social

O Consejo General de Colegios de Educación Social e o Ceesg, xunto con colexios doutros territorios, iniciamos o reto de facer unha revisión e posible actualización do Código Deontolóxico da nosa profesión.

Se tes interese en ter máis información, ou enviarnos achegas e propostas, ponte en contacto connosco a través de etica@ceesg.gal.
De momento convidámoste a que dediques minuto e pico a disfutar do vídeo sobre o primeiro principio do noso Código Deontolóxico: “Principio de Respecto aos Dereitos Humanos”.
Proximamente iremos compartindo outros vídeos

Para ver o vídeo pincha aquí