ACTUALIDADE
Co gallo da próximo Día contra o acoso escolar (2 de maio), activamos unha petición en change.org a través da cal queremos solicitar á Consellería de Educación, unha vez máis. a incorporación da Educación Social no sistema educativo, como estratexia para a prevención e intervención destas situacións. Dende o Ceesg levamos xa anos reclamando esta necesidade, e atopámonos agora nun momento idóneo, no que cada vez existe maior concienciación social acerca do bullying e no que a Xunta de Galicia debe configurar a implantación da figura de coordinador/a de benestar e protección en todos os centros educativos.
Pregamos non só o apoio coa vosa sinatura, senón tamén que compartades para se coñeza a nosa demanda e que poidamos facernos oir acadando o maior número de apoios. Fagámolo chegar a canta máis xente poidamos. Grazas!
Asina aquí a petición
O Consejo General de Colegios de Educación Social e o Ceesg, xunto con colexios doutros territorios, iniciamos o reto de facer unha revisión e posible actualización do Código Deontolóxico da nosa profesión.
Se tes interese en ter máis información, ou enviarnos achegas e propostas, ponte en contacto connosco a través de etica@ceesg.gal.
De momento convidámoste a que dediques uns minutos disfutar dos vídeos sobre os principios do noso Código Deontolóxico.
Proximamente iremos compartindo outros vídeos
Vídeo do principio deontolóxico 1: “Respecto aos Dereitos Humanos”
Vídeo do principio deontolóxico 2: “Respecto aos suxeitos da acción socioeducativa”
No desempeño profesional da Educadora/or Social é habitual atoparse con situacións complexas e de difícil manexo. En moitos dos ámbitos de actuación, a nosa intervención adoita estar dirixida aos colectivos especialmente vulnerables, nos que a súa vida está condicionada en certa medida por eventos traumáticos.
Entender as condutas presentes da persoa desde as experiencias vividas do pasado, permite ao profesional ter unha nova visión sobre o que sucede. É por iso que ter información sobre saúde emocional e trauma é de especial importancia para facer unha intervención de calidade dentro do contexto social.
Ter información básica sobre o funcionamento do cerebro, sobre regulación emocional e sobre apego e trauma debería ser importante na formación de calquera profesional cuxa intervención sexa por e para as persoas.
DATAS:
5 e 6 maio + 12 e 13 maio
HORARIO:
Venres de 16:00 a 20:00 e sábados de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00
MODALIDADE:
Presencial
LUGAR:
Sede do Ceesg, Santiago de Compostela.
(Se o número de inscricións superase a capacidade do local buscaremos alternativa nas proximidades)
DURACIÓN:
25 horas de formación en dous bloques de venres tarde e sábado todo o día.
CONTIDOS: 5 módulos:
· Desenvolvemento cerebral
· Apego e regulación emocional
· Trauma
· Mecanismos de defensa
· O manexo da contratransferencia na intervención.
MATRÍCULA:
· Colexiadas e Amigas Ceesg: 50 €
· Non colexiadas/os: 100€
Formulario de inscricións (prazo de inscricións pechado)
Data límite de inscricións: 2 de maio
DOCENTE:
Raquel Fernández Domínguez. Educadora social colexiada nº 5401.
Ver información detallada do curso
Estas son as ofertas de emprego máis recentes publicadas na web do Ceesg:
- Orientador/a laboral
- Técnica/o de cultura
- Mestre/a de ludoteca
- Monitor/a cultural
- T. sup. en prevención de condutas adictivas
- Orientador/a laboral
- Encargada da oficina de información xuvenil
- Orientador/a laboral
- T. sociocultural e turístico
- Educador/a social
- Educador/a
- Educador/a social
- Coordinador/a General de la Cooperación en Ecuador - Guinea Ecuatorial y Jordania
- Director/a de centro cultural de Paraguay
- Educador/a social
- Persoal para prevención de condutas adictivas
- Educador/a familiar
Se estás á procura desemprego, recorda visitar regularmente a nosa web para estar ao tanto de todas as novidades.
Un dos pratos fortes do encontro de educadoras/es sociais dos Servizos de Educación e Apoio Familiar que celebraremos no Carballiño dentro duns días é a formación sobre ‘Apego e adversidade temperá: unha mirada actualizada desde a intervención socioeducativa.
Anunciamos que esta formación será emitida por streaming na canle de youtube do Ceesg de xeito aberto e non é necesario inscribirse previamente.
Impartida por Agintzari, esta formación achegaranos, dende unha metodoloxía teórico-práctica e un enfoque dinámico, a:
- Comprender conceptos básicos sobre o apego e as súas funcións na relación.
- Afondar nos efectos das situacións adversas en idades temperás.
- Coñecer as características de menores con experiencias traumáticas.
- Reflexionar sobre aspectos a ter en conta na relación coas persoas usuarias.
- Achegar ferramentas de intervención.
O traballo con infancia e familia require de coñecementos e ferramentas especificas para poder intervir e reparar os danos causados polas neglixencias e/o malos tratos que se dan no ámbito familiar. Este ámbito caracterízase polo traballo con poboación especialmente vulnerable, xa sexan adultos e/o menores.
As familias cobren necesidades básicas de todos os seus membros: proporcionan vínculos seguros, realizan funcións nutricias, buscan o desenvolvemento e a protección social, facilitan os procesos de socialización… para que estes procesos leven acabo de forma optima hai que preservar os vínculos e as relacións interpersoais.
As e os profesionais da Educación Social debemos dotarnos de coñecementos e ferramentas que xeren unha intervención efectiva, co obxectivo de reparar a relación entre os membros da familia e paliar o dano xerado.
Estas intervencións baseadas na teoría do apego, nos elementos de adversidade temperá e os efectos que ten nas persoas afectadas, buscan cambios nas relacións co obxectivo de reparar as mesmas.
Neste espazo formativo vanse traballar conceptos teóricos que nos guíen cara a unha intervención efectiva de reparación da relación, creando espazos de reflexión conxunta.
Xoves 20 de abril
De 16:00 a 20:00 h.
Na canle de Youtube do Ceesg
Os Bolechas xa non teñen dúbidas sobre o que é a Educación Social, e así nolo contan no seu libro-guía ‘A Educación Social’, unha ferramenta que visibiliza a profesión, que a explica, que fala da súa importancia e do seu impacto social nunha linguaxe que as nenas e nenos poden comprender.
Como novidade, acompañamos este libro cunha proposta de actividades que, partindo deste libro, nos achega ideas para traballar coas crianzas sobre o que é a Educación social e para comprender mellor e sensibilizar sobre os contextos nos que se desenvolve a nosa profesión.
Se tamén queres facer uso do libro para explicar cal é o teu papel profesional, e así facer da EducaciónSocial unha profesión máis recoñecible na sociedade, non perdas a oportunidade de facerte cun dos exemplares desta edición limitada dos Bolechas que podes reservar na páxina web do Ceesg.
A proposta de actividades enviarase en pdf ás persoas que merquen o libro ‘A educación social’ de Os Bolechas, e proximamente estará dispoñible na área privada da web do Ceesg (acceso exclusivo a colexiadas/os)