ACTUALIDADE
Durante o mes de xuño levaremos a cabo un curso sobre acollemento familiar, que será impartido por Acougo.
Con esta formación abordaremos a prevención da retirada de menores ás súas familias, pero tamén afondaremos nos recursos que ofrece o acollemento familiar, as súas vantaxes respecto á institucionalización e como traballar de cara a suplir a institucionalización cos acollementos. Ademais, serviranos para crear e fortalecer redes entre os distintos axentes do sistema de protección á infancia.
- Datas: do 5 ao 30 de xuño.
- Duración: 30 h.
- Modalidade: En liña, a través da aula virtual do Ceesg.
- Contidos: 5 bloques, dedicando 6 horas a cada bloque.
- Avaliación: Realizarase unha proba final de cada un dos bloques realizados.
- Prezo: 55€.
- Dirixido a: Colexiadas/os ou amigas/os do Ceesg. Tamén poden participar colexiadas/os e figuras análogas á de ‘amigas/os’ de colexios profesionais de Educación Social doutros territorios.
- Data límite de inscricións: 29 de maio de 2023.
Ver información detallada do curso
Ir ao formulario de inscricións (prazo pechado)
Presentamos unha nova proposta de traballo plantexada pola Federación de SOS Racismo e organizada polo Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia (Ceesg). Ten como obxectivo contribuir á mellora da atención ás persoas migrantes, persoas racializadas e pertencentes a minorías a través da formación de profesionais do ámbito da intervención social, a administración pública, operadores xurídicos e academia.
O curso está dirixido a colexiadas/os do Ceesg, amigas/os do Ceesg ou educadoras/es sociais colexiadas/os noutros territorios. Desenvolverase en dúas sesións, estruturándose en dous módulos de 3 horas de duración, cunha avaliación final.
A metodoloxía formativa combina a formación presencial e o traballo a distancia, acadando unha duración lectiva total de 30 horas. Ademais dos certificados de asistencia, facilitarase material de consulta.
Estes son algúns dos contidos que veremos neste curso:
- Ferramentas para loitar contra o racismo, delitos de odio e discriminación racistas.
- Discurso do Odio racista Que é? Como recoñecelo?
- Cambiemos de marco. De narrativas opresoras a transformadoras.
- Nova Lei 15/2022, de 12 de xullo, integral para a igualdade de trato e a non discriminación Racismo; Xenofobia, discriminación e Odio: Como defender ás vítimas?
Datas: 1 e 8 de xuño.
Horario: 9:30 a 12:30 h.
Lugar: Casa das Asociacións de Cornes (Santiago de Compostela)
Inscrición: gratuíta, previa inscrición (ata o 25 de maio).
Prazas limitadas.
Estas son as ofertas de emprego máis recentes publicadas na web do Ceesg:
- Educador/a social
- Docente
- T. de intervención e apoio escolar
- Mediador/a centro de acollida
- Docente actividades tempo libre
- Orientador/a laboral
- T. de igualdade e inclusión
- Monitor/a de tempo libre
- Educador/a social
- Educador/a social
- Educador/a familiar
- Educador/a social
- Axente de emprego e desenvolvemento local
- Orientador/a laboral
- Encargado/a biblioteca e OMIX
- Mediador/a
- T. de inserción laboral
- Téc. De voluntariado
- Docente obradoiros de memoria
- Monitor/a residencia terceira idade
- Monitor/a de educación e tempo libre
- Educador/a social
- T. medio en orientación profesional
- Orientador/a profesional para a inserción
Se estás á procura de emprego, recorda visitar regularmente a nosa web para estar ao tanto de todas as novidades.
Promotor/a de igualdade de xénero Animador/a sociocultural Técnica/o sociocultural
No Día Internacional contra o acoso escolar, dende o Ceesg queremos sumarnos á chamada de atención sobre a necesidade de abordar e poñerlle fin a este problema.
O avance en canto á percepción social deste problema é evidente, xa que existe cada vez unha maior sensibilización. Mais é unha necesidade imperante que as autoridades educativas afronten a situación con estratexias que garantan que as escolas sexan un espazo de seguridade e confianza para todos os nenos, nenas e adolescentes.
Atender o factor social dende as escolas, incorporando un enfoque de educación integral , pode ser a chave para atallar este problema. A prevención, a detección e intervención inmediata, o apoio a vítimas e agresores, a resolución pacífica de conflitos, o fortalecemento de habilidades sociais e emocionais, a mellora da comunicación… son cuestións que deben ser reforzadas para a creación dun ambiente escolar inclusivo, respectuoso e seguro. O Ceesg propón como estratexia a incorporación de profesionais de educación social, como axente de atención á dimensión social da escola, e como figura de referencia e confianza para as crianzas.
Dende o Ceesg esiximos un compromiso forte por parte das autoridades educativas, e ofrecémonos no que estea na nosa man, para construír un futuro sen acoso escolar.
Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia
Un ano máis, a Fegamp confía no Ceesg para impartir unha das accións do seu Plan de formación continua.
Nesta ocasión, o curso é ‘Intervención socioeducativa con violencia machista: aportes metodolóxicos dende a Educación Social’.
Trátase un curso en liña de 40 horas de duración, que dispón de 50 prazas, dirixido a educadoras/es sociais das administracións locais de Galicia, tanto dos servizos sociais comunitarios como doutros departamentos específicos, así como das Deputacións provinciais.
O curso será do 2 ao 30 de outubro e o prazo de inscrición está aberto do 19 ao 25 de abril.
Información xeral sobre o Plan de Formación continua 2023 da Fegamp
Estas son as ofertas de emprego máis recentes publicadas na web do Ceesg:
- Persoal para prevención de condutas adictivas
- Educador/a familiar
- Apoio a persoas con diversidade funcional
Se estás á procura de emprego, recorda visitar regularmente a nosa web para estar ao tanto de todas as novidades.