ACTUALIDADE
Un ano máis, dende o Ceesg propoñémonos visibilizar e poñer en valor os traballos fin de grao que o estudantado galego de Educación Social leva a cabo, a través do Concurso TFG.eduso.
Na 10ª edición poderán concursar os traballos presentados no curso 2022/2023.
O prazo de envío será do 15 de xuño ao 15 de novembro de 2023.
A inscrición está aberta tanto á comunidade universitaria como á cidadanía en xeral.
Analizar o impacto do factor social nos procesos de inclusión escolar e coñecer estratexias socioeducativas para a atención ao alumnado vulnerable son dous dos obxectivos principais do curso de formación específica que se desenvolverá en Ourense entre o 21 e o 30 de setembro.
Escola inclusiva e segura: a educación social ante o “bullying” é o título deste curso de extensión
universitaria organizado pola Facultade de Educación e Traballo Social do Campus de Ourense (Universidade de Vigo). Permitirá afondar na atención ao alumnado en dificultade social dende o sistema educativo, coñecendo investigacións e boas prácticas que deben orientar a acción social nos contextos escolares, con especial atención ao fenómeno do acoso escolar.
O curso, de 30 horas de duración, combinará sesións expositivas con actividades dinámicas e participativas nas que se contará con expertos e expertas na atención á infancia e os contextos educativos. Dirixido por J. Deibe Fernández Simo, contará con docentes da Universidade da Coruña, Universidade de Santiago, Universidade de Vigo, e o Instituto Superior de Ciencias Educativas de Penafiel, así como con profesionais de diferentes entidades vinculadas ao traballo coa infancia vulnerable.
Estudantes, profesionais e cidadanía poderán adentrarse, da man de persoas expertas, nas múltiples potencialidades da Educación Social como estratexia de prevención do acoso escolar e de atención integral á infancia dende o sistema educativo.
O prazo de inscricións continúa aberto.
Do 1 de xuño ao 30 de setembro o horario de atención na sede do Ceesg será de luns a venres de 8:00 a 15:00 h.
Estas son as ofertas de emprego máis recentes publicadas na web do Ceesg:
- Animador/a socioculturalEducador/a social
- Axente de emprego e desenvolvemento local
- Téc. De infraestruturas culturais
- Responsable OMIX e oficina de turismo
- Orientador/a laboral técnico/a
- Animador/a cultural
- Coordinador/a equipo intervención familiar
- Téc. En educación familiar
- Auxiliar educador/a
- Titor/a de programas de emprego
- Educador/a social
- T. orientación laboral
- Encargado/a responsable programas de emprego
- Consultoría: Avaliación de proxecto
- Consultoría: Formación
- Orientador/a laboral
- Téc. social
- Educador/a social
- Educador/a social
- Educador/a social
- Monitor/a de educación e tempo libre
- Monitor/a de educación e tempo libre
- Monitor/a de educación e tempo libre
- Monitor/a de educación e tempo libre
- Educador/a social
- Animador/a sociocultural
- Animador/a sociocultural
- Monitor/a de tempo libre
- Educador/a social
Se estás á procura de emprego, recorda visitar regularmente a nosa web para estar ao tanto de todas as novidades.
O XXXIII CONGRESO ANUAL INTERNACIONAL DE XERONTOLOXÍA E XERIATRÍA, organizado pola Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría terá lugar os días 9 e 10 de xuño en Vigo, baixo o lema ‘SOIDADE E AILLAMENTO SOCIAL. Novos retos e recursos’.
O Ceesg terá parte activa no mesmo, impartindo o Obradoiro 3: ‘Soidade activa nas persoas maiores. Novo reto da Educación Social’
Trátase dun achegamento á teoría sobre a idea da soidade enmarcada nos contextos da Educación Social e a construción entre as asistentes e as relatoras un marco reflexivo dentro dos efectos da soidade non desexada, no que aportar solucións profesionais e comunitarias, experimentando tanto, dende a perspectiva profesional coma da comunitaria.
Data: 10 de xuño do 2023
Hora: De 15:45 a 17:15
Lugar: Sala Dr. Fernando Veiga, Museo Verbum, Vigo
Presenta
Rosa Mínguez Moreira
Educadora Social. Vocal Social da SGXX
Relatoras
Lucía Chaves García. Educadora Social e Psicopedagoga. CEESG.
Florinda Vaamonde Romero. Educadora e Animadora Social. CEESG.
Programa completo e inscricións do congreso en https://congreso.sgxx.org/
Estas son as ofertas de emprego máis recentes publicadas na web do Ceesg:
- Persoal socioeducativo
- Téc. social
- Operador/a teleasistencia
- Educador/a social
- Téc. De calidade
- Téc. De igualdade
- Téc. Medio orientación laboral
- Educador/a social
- Operador/a teleasistencia
- Educador/a social
Se estás á procura de emprego, recorda visitar regularmente a nosa web para estar ao tanto de todas as novidades.