ACTUALIDADE
Estas son as ofertas de emprego máis recentes publicadas na web do Ceesg:
- Colaborador/a docente
- T. local de emprego
- T. de cultura
Se estás á procura de emprego, recorda visitar regularmente a nosa web para estar ao tanto de todas as novidades.
Buscamos educador/a social que traballe con persoas con discapacidade auditiva e que queira colaborar cunha alumna que está realizando un TFG que ten como tema principal o perfil profesional da Educación Social neste eido, para coñecer as funcions e competencias dos e das educadores/as sociais na intervención con persoas con discapacidade auditiva e ofrecer unha visión conxunta do sentido, a importancia e a necesidade do perfil profesional. A colaboración consiste nunha entrevista online de non máis dunha hora para tratar cuestións como as súas funcións, competencias, contextos, procesos, intervencións, etc.
Se cumpres o perfil e podes contribuír á investigación académica sobre a profesión, de paso que axudas a esta futura educadora social, podes contactar con ela a través do correo-e Mar.Nino@alu.uclm.es.
O Consejo General de Colegios de Educación Social e o Ceesg, xunto con colexios doutros territorios, iniciamos o reto de facer unha revisión e posible actualización do Código Deontolóxico da nosa profesión.
Se tes interese en ter máis información, ou enviarnos achegas e propostas, ponte en contacto connosco a través de etica@ceesg.gal.
De momento convidámoste a que dediques uns minutos disfutar dos vídeos sobre os principios do noso Código Deontolóxico.
Proximamente iremos compartindo outros vídeos
Vídeo do principio deontolóxico 1: “Respecto aos Dereitos Humanos”
Vídeo do principio deontolóxico 2: “Respecto aos suxeitos da acción socioeducativa”
Vídeo do principio deontolóxico 3: “Xustiza Social”
Estas son as ofertas de emprego máis recentes publicadas na web do Ceesg:
- Promotor/a de igualdade de xénero
- Animador/a sociocultural
- Técnica/o sociocultural
Se estás á procura de emprego, recorda visitar regularmente a nosa web para estar ao tanto de todas as novidades.
A ética é un elemento central no exercicio profesional da Educación Social, pois esta profesión ten unha importante carga de valores. As e os profesionais debemos ter unha visión crítica co noso entorno e co noso propio traballo e asumir a reflexión ética como unha constante.
A orientación deontolóxica no exercicio da profesión proporciónanola o Código Deontolóxico da Educadora e o Educador Social, como marco mínimo de referencia.
As xornadas consistirán nunha ponencia do Dr. Jesús Vilar Martín, diplomado en maxisterio e doutor en pedagoxía pola Universidade de Barcelona.
Seguidamente establecerase un espazo de diálogo e debate co ponente para, entre todas e todos, buscar solucións aos retos plantexados na parte anterior da exposición.
O sábado disporemos unha mesa redonda con entidades do terceiro sector para debatir a cerca da importancia da ética na acción socioeducativa moderada pola comisión ética do Ceesg que fará unha exposición da revisión do código deontolóxico que están a desenvolver.
Datas: 26 e 27 de maio do 2023. De 10:00h a 14:00h e de 16:00h a 20:00h o venres 26 e de 10:00h a 14:00h o sábado 27.
Duración das xornadas: 16 horas de formación certificada en dous bloques de venres todo o día e sábado pola mañá.
Modalidade: Presencial.
Lugar: As xornadas terán lugar na sede da EGAP en Santiago de Compostela
Rúa de Madrid, 2, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña
Persoas destinatarias: Profesionais da Educación Social e estudantes de Educación Social.
Cota de matriculación: 10€
Ingreso na conta de Banco Sabadell ES41–0081-0499-6100-0104–6708
Data límite inscricións: 23 de maio.
Sobre Jesús Vilar
A traxectoria de Jesús Vilar no eido da Pedagoxía Social é amplo. Comeza a súa formación diplomándose en Maxisterio e realiza o doutoramento en Pedagoxía. A súa experiencia profesional comeza como mestre e, posteriormente, educador social con nenos en situación de risco social e mozos infractores. Dende o ano 1994 é profesor da Facultat d’Educació Social i Treball Social Pere Tarrés da Universitat Ramon Llull, onde ademais é director de publicacións. A ética aplicada á acción socioeducativa é unha das súas liñas de traballo dende hai anos, contando con innumerables publicacións sobre o tema que o converten nun referente neste eido.
Perfil de Jesús Vilar en Academia.edu
Cabreiros volverá a protagonizar, como cada ano, un encontro interxeracional que pon no centro a ruralidade, o desenvolvemento comunitario e a participación veciñal.
Esta XIX edición desenvolverase os días 20 e 27 de maio, e 3 de xuño.
Dende o Ceesg continuamos apoiando e participando activamente nesta actividade.