ACTUALIDADE
Dende o Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia (Ceesg), en colaboración coa Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xunta de Galicia, queremos convidar ás educadoras e educadores sociais que traballan nos Servizos de Educación e Apoio Familiar dos concellos galegos á Acción Formativa SEAFs 2023, que organiza o Ceesg e que se incorpora dentro da formación específica promovida dende a Xunta de Galicia.
A intencionalidade deste encontro é fortalecer o traballo en rede das profesionais de Educación Social dos distintos concellos de Galicia polo que a xuntanza debe ter carácter presencial, para favorecer espazos de relación e coñecemento. O encontro formativo terá lugar na Residencia de Tempo Libre de O Carballiño os días 20 e 21 de abril do 2023.
Esta formación é financiada pola Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica. A cota de inscrición corresponde unicamente ao gasto derivado polo prezo público de aloxamento e manutención.
Esta información foi enviada aos concellos galegos vía correo-e, coa petición de facela chegar ás persoas destinatarias, incluíndo o enlace de inscrición. No caso de que cumpras os requisitos de participación e non chegases a recibila, contacta con formacion@ceesg.gal para facilitarche o enlace ao formulario. Tamén está dispoñible o enlace no MATIASS.
- Lugar: Residencia de Tempo libre do Carballiño.
- Datas: 20 e 21 de abril de 2023.
- Persoas destinatarias: educadoras/es sociais que traballen nos Servizos de Educación e Apoio Familiar dos concellos galegos.
- Cota: 23,81€ (aloxamento e comidas). Sen comidas nin aloxamento: gratuíto.
Estas son as ofertas de emprego máis recentes publicadas na web do Ceesg:
- Educador/a social
- Educador/a social
- Operador/a teleasistencia
- Educador/a social
Se estás á procura desemprego, recorda visitar regularmente a nosa web para estar ao tanto de todas as novidades.
O vindeiro mércores 29 de marzo teremos unha nova presentación do libro ‘A Educación Social’ de Os Bolechas.
Volvemos a Compostela, onde nos acollerá a Facultade de Ciencias da Educación (Campus Vida).
O libro-guía ‘A Educación Social’ de Os Bolechas é unha ferramenta que visibiliza a profesión, que a explica, que fala da súa importancia e do seu impacto social nunha linguaxe que as nenas e nenos poden comprender.
Non perdas a oportunidade de facerte cun dos exemplares desta edición limitada dos Bolechas que podes reservar na páxina web do Ceesg.
Mércores 29 de marzo ás 10:30 na aula 6-7 (módulo A).
O pasado sábado 25 de marzo tivo lugar a Asemblea do Ceesg.
As propostas levadas á asemblea foron aprobadas (acta da asemblea anterior, memorias económica e de actividades, orzamento e plans de traballo, e propostas económicas) Toda a documentación segue estando dispoñible para consulta na web do Ceesg, e pronto se actualizará a información xeral coas propostas económicas aprobadas, é dicir, a conxelación de cotas de mantemento colexial para o ano 2023, o cobro de cota por emisión de certificados a persoas non colexiadas, e redución de cota de alta para persoas tituladas recentes.
Previa á asemblea, tivo lugar unha formación na que puidemos reflexionar sobre o papel das educadoras e educadores sociais no acompañamento socioeducativo, e tamén se presentou o libro ‘A Educación Social’ de Os Bolechas, así como unha guía didáctica para o uso deste, que nos achega ideas de traballo coas crianzas para que coñezan a profesión e os seus contextos.
Nas nosas redes sociais podedes ver algunhas fotografías da xornada.
Grazas a todas as persoas que asistiron e participaron na Asemblea.
Informamos de que esta semana (do 27 ao 31 de marzo) o horario de atención polas tardes será o luns e o mércores de 16:00 a 18:00 h.
O horario de mañá permanecerá como habitualmente (de 9:00 a 14:00 h.)
Os días 3, 4 e 5 e abril non haberá atención ao público presencial nin telefónica. Podes contactar por correo-e e atenderémoste o antes posible.
Estas son as ofertas de emprego máis recentes publicadas na web do Ceesg:
- Téc. de participación
- Téc. de orientación laboral
- Téc. de igualdade e inclusión
- Téc. de unidade de apoio
- Titor/a de oposicións
- Educador/a familiar
- Preparador/a laboral
- Persoal técnico de educación para o desenvolvemento
- Téc. social
- Orientador/a laboral
- Educador/a social
- Orientador/a laboral
- Monitor/a de tempo libre
Se estás á procura de emprego, recorda visitar regularmente a nosa web para estar ao tanto de todas as novidades.