ACTUALIDADE
Estas son as ofertas de emprego máis recentes publicadas na nosa web:
- T. de lanzadeira de emprego.
- T. de inserción
- Orientador/a laboral
- Orientador/a laboral
- T. inserción e prospección laboral
- T. oficina acciónsocial
- Responsable desenvolvemento social
- T. orientación laboral
- T. de igualdade
- T. de servizos sociais
- Axente de desenvolvemento local
Se estás na procura de emprego, non esquezas revisar frecuentemente a información sobre emprego na nosa web, onde imos publicando todas as ofertas que coñecemos ou que nos fan chegar as entidades que precisan de educadoras/es sociais.
Para os detalles das ofertas publicadas recentemente, entra na Bolsa de Emprego do Ceesg.
Dende o Ceesg queremos promover a asistencia ao Congreso Estatal de Educación Social que se celebrará en Zaragoza do 16 ao 18 de abril deste ano.
Por iso, imos sortear catro inscricións gratuítas. E o primeiro sorteo xa está en marcha!
Sorteamos dúas inscricións en Facebook.
E recorda que a organización do Congreso ten en marcha outros dous sorteos: un para estudantes (ver información) e outro para profesionais (ver información)
Enlace ao post do sorteo
O sorteo das outras dúas inscricións por parte do Ceesg celebrarase na Asemblea colexial, entre as persoas asistentes.
Este ano celebraranse eleccións autonómicas en Galicia, delas sairán un novo Parlamento Galego e un novo goberno da Xunta de Galicia.
Desde o Ceesg queremos contribuír á construción dunhas políticas públicas máis xustas.
Queremos seguir construíndo unha sociedade inclusiva e igualitaria que atenda e respete todas ás diversidades e non deixe fóra a ninguén. Queremos facer chegar aos partidos políticos as nosas demandas para que o dereito da cidadanía á Educación Social sexa garantido.
Por iso, abrimos este proceso participativo para que a Educación Social galega teña a súa propia voz. E pedímosche a ti, colexiada/o, que nos fagas chegar as túas demandas, ideas, peticións. Con elas elaboraremos un documento coas nosas propostas de medidas electorais que faremos chegar a todos os partidos que concurran nestas eleccións.
Podes enviarnos as túas propostas ao seguinte mail administracion@ceesg.org ata o 10 de marzo.
#SomosEducaciónSocial
Hai só uns días deuse a coñecer o programa do VIII Congreso Estatal de Educación social, sabendo xa a estrutura das sesión e os nomes da maior parte das e dos relatoras/es que participarán.
O programa está agrupado en dous grandes eixes: ‘A dignidade das persoas e as/os profesionais e o dereito á educación social’ e ‘A acción socioeducativa como acción transformadora’.
Personalidades relevantes do ámbito social, do eido académico universitario, provenientes de todo o estado intervirán nos diferentes espazos creados para o intercambio entre profesionais, a difusión de boas prácticas e a comunicación de experiencias innovadoras. Espazos para a lecer e o turismo completa o conxunto de actividades que terán lugar en Zaragoza do 16 ao 18 de abril.
Toda a información actualizada do Congreso está dispoñible na web www.congresoeducaciónsocial.org e nas súas redes sociais (Facebook, Twitter e Instagram).
Ademáis, tamén se amplicou o prazo para a presentación de contribucións ao Congreso.
Iniciamos a campaña ‘Vístete co nome completo’ para facer visible a protesta pola convocatoria de ‘Educadoras/es’ da Xunta de Galicia.
En que consiste?
Sácate unha foto coa camiseta ou coa chapa. Súbea ás túas redes etiquetando á Xunta de Galicia e ao Ceesg, incluíndo o hasgtag #SomosEducaciónSocial
Se queres facerte con unha camiseta, podes reservala escribíndonos a administracion@ceesg.org e enviarémoscha por correo postal.
Para evitar excesivos gastos, faise o envío contra reembolso do importe do envío, que é de algo menos de 9 euros para o envío dunha camiseta. Se o prefires, tamén podes achegarte a recollela gratuitamente á sede do Ceesg ou pedirnos o deseño para encargar ti mesma/o unha camiseta na túa localidade.
Dispoñible en tallas S-M-L-XL
Unidades limitadas!
Só se entregarán camisetas a persoas colexiadas ou amigas do Ceesg.
Esperamos a túa foto!
Entérate de todas as novidades e avances do VIII Congreso Estatal de Educación Social a través do seu canal de Telegram.