ACTUALIDADE
Para facer máis levadeiro o estado de alarma, para quen teña que quedar na casa e tamén para quen teña que ir a traballar, o Consejo General de Colegios de Educadoras e Educadores Sociales (CGCEES) inicia una rede de voluntariado para achegar ideas e favorecer a inciativa #YoMeQuedoEnCasa e o traballo das compañeiras e compañeiros que seguen traballando #YoNoPuedoQuedarmeEnCasa
É un momento para sumar esforzos, recursos e iniciativas, somos a profesión da creatividade e debemos compartila.
Grazas polo apoio, traballo e solidariedade.
Para calquera dúbida, suxestión ou ofrecemento contacta no mail redapoyocoronavirus@consejoeducacionsocial.net
O CGCEES publica unha carta dirixida a toda a cidadanía neste momento de crise sanitaria e de impacto na vida cotiá.
Convidamos á súa lectura e difunsión para chegar ao máximo de persoas e ámbitos posibles.
En relación á situación de alarma decretada polo goberno con motivo da pandemia por COVID-19, dende o Ceesg queremos sinalar:
Toda/o profesional colexiada/o está suxeita/o á obriga de cumprir e facer cumprir as normas e protocolos establecidos no marco da ética e deontoloxía profesional, o que supón unha garantía para a cidadanía.
Estamos ante un asunto de responsabilidade individual e colectiva baseado no interese xeral que todas e todos debemos asumir, sen que iso dependa dos posibles premios ou sancións.
As/os profesionais deben achegar os seus coñecementos, competencias e habilidades para afrontar o curso desta pandemia, optimizando os recursos, medios e actuacións con criterios profesionais que deberán ser aplicados no marco das normas, os protocolos e a deontoloxía profesional.
Máis que nunca debemos pensar nos demais e coidar de nós mesmas e das persoas ao noso arredor, atendendo ás pautas dadas polas e polos profesionais e ao respecto cara os demais, dado que canto fagamos nestas circunstancias repercutirá no conxunto da cidadanía.
En relación ao exercicio da educación social, dende o Ceesg temos solicitado ás autoridades información fidedigna sobre as instrucións a ter en conta para traballar de xeito seguro en todos os eidos onde a Educación Social poida ter lugar, tanto para as persoas atendidas como para as/os profesionais.
Estas son as ofertas de emprego máis recentes publicadas na nosa web:
- Animador/a sociocultural
- Educador/a social
- Formador/a en diversidade afectiva, de xénero e igualdade
- docentes
- Docente técnicas tempo libre
- T. de dinamización
- Dinamizador/a cultural
- T. xestión cultural
Se estás na procura de emprego, non esquezas revisar frecuentemente a información sobre emprego na nosa web, onde imos publicando todas as ofertas que coñecemos ou que nos fan chegar as entidades que precisan de educadoras/es sociais.
Para os detalles das ofertas publicadas recentemente, entra na Bolsa de Emprego do Ceesg.
ACTUALIZACIÓN: Seguindo as instrucións da Universidade da Coruña e as recomendacións sanitarias para a prevención da expansión do coronavirus, aprázase a Xornada de Adiccións prevista para o 13 de marzo, evitando así posibles situacións de risco de contaxio para as persoas relatoras e asistentes.
Proximamente anunciaremos a nova data, para a que se manteñen as inscricións realizadas.
—-
O grupo de traballo Miolo, sobre Educación Social no ámbito da saúde, organiza en colaboración da Universidade da Coruña a xornada ‘Educación Social e adiccións. Experiencias socioeducativas en Galicia’.
Esta xornada está dirixida tanto a profesionais de centros de atención a persoas con adiccións como a estudantes e voluntariado con interese por este ámbito. Pretende difundir e poñer en valor as experiencias que se están a levar a cabo no ámbito das adiccións en Galicia, crear ou fortalecer redes entre as entidades que traballan neste eido en Galicia, así como destacar a importancia da profesión de Educación Social e do labor socioeducativo neste ámbito.
O prazo de inscricións estará aberto ata o 9 de marzo.
ACTUALIZACIÓN: Seguindo as recomendacións sanitarias para a prevención da expansión do coronavirus, aprázase esta actividade, evitando así posibles situacións de risco de contaxio para as persoas relatoras e asistentes.
Proximamente anunciaremos a nova data, para a que se manteñen as inscricións realizadas.
—-
O grupo sobre Animación Sociocultural e Xestión Cultural organiza esta actividade na que se abordará as distintas tipoloxías de persoal nas administracións locais, os procesos selectivos, RPT…
A inscrición é de balde e está aberta ata o 10 de marzo, tendo prioridade as persoas colexiadas do Ceesg ou estudantes amigas do Ceesg.