ACTUALIDADE

Profesionais e investigadoras/es de diferentes universidades españolas están levando a cabo unha investigación sobre o papel das profesionais da Educación Social e o Traballo Social ante a Crise da Covid-19 co obxectivo de coñecer aqueles sectores de poboación que sofren con maior intesidade os problemas derivados das medidas tidas en conta polo Goberno central, así como os problemas cos que se enfrontan as os profesionais.
Se queres colaborar, só tes que cubrir un cuestionario. O tempo estimado para cubrilo é de 10 minutos.
Ir ao cuestionario

Recompilamos na nosa web información de entidades que ofertan nestes momentos de confinamento formación en liña gratuíta que pode ser de interese para educadoras e educadores sociais.
Esta información irase actualizando mentres continúe o estado de alarma e situación de confinamento.
Accede á sección

Con motivo do Día Mundial contra o acoso escolar, que se conmemora o 2 de maio, o CGCEES creou o hashtag #EdusoesEMPATÍA para visibilizar nas redes sociais as achegas da Educación Social.
Ver comunicado do CGCEES

O próximo número 30 de RES, Revista de Educación Social, será un monográfico dedicado a ‘Políticas culturales, animación sociocultural y gestión cultural. Miradas desde la Educación Social’
Quen desexe enviar artigos, pode facelo antes do 15 de xullo de 2020.
Na web do CGCEES poden consultarse os principais elementos de enfoque do debate, orientacións sobre as colaboracións, criterios de publicación, etc.

Xa está dispoñible o nº 30 da Revista de Educación Social, un monográfico sobre Educación Social e Xuventude.
Tamén esta aberto o prazo para o envío de artigos para o nº 31, que se centrará en ‘Políticas culturais, animación sociocultural e xestión cultural’ Ver información

Continuamos creando unha pequena guía audiovisual de recursos para educadoras/es sociais, a través da cal, ademais podemos coñecer a algunhas das compañeiras e compeñeiros que traballan por conta propia no eido da Educación Social.
Esta semana temos vídeo o luns, mércores e venres.
Neste CALENDARIO iremos actualizando o programa e os enlaces a todos os vídeos: VER CALENDARIO