ACTUALIDADE
Hoxe e mañá, 28 e 29 de outubro, estaremos no Paraninfo da Universidade da Coruña, como parte da organización do XXI Simposio da Red Renta Básica.
Os colectivos de Renda Básica de Galicia traballan a favor da Renda Básica como unha idea de transformación e xustiza social. Están presentes en varias localidades do país, A Coruña, Betanzos e Santiago de Compostela, e teñen un obxectivo común: difundir e xerar debate público sobre a Renda Básica para a súa implementación o antes posible. E esta mesma motivación é a que persigue o seu Simposio.
Aínda que a inscrición para a asistencia presencial está pechada, podes seguir o desenvolvemento das diferentes ponencias en streaming a través de youtube.
Ver programa do XXI Simposio da Red Renta Básica
Ir á sala de youtube para ver en directo
Aviso sobre o horario de atención:
O vindeiro 31 de outubro o horario do Ceesg será de 9:00 a 13:00 h.
A casa escola de Cabreiros volverá acoller este outono a Invernada de Cine, que chega á súa décima edición con proxeccións durante os meses de novembro e decembro.
O Ceesg colabora un ano máis nesta iniciativa cultural levada a cabo pola Asociación de Veciños de Cabreiros e a Universidade de Santiago, co financiamento do Concello de Xermade e a Deputación de Lugo.
O programa contará con cinco proxeccións:
- 5 de novembro, ás 18.00 h.: A mestra da Escola, presentado pola súa directora.
Documental de xornalismo de investigación histórica e testemuñal sobre as mestras rurais e a historia da educación en Galicia. Dirixido por Alba Prol e producido por Meteórica Cine, está destinado a un público amplo e heteroxéneo, especialmente para a comunidade educativa e para o ámbito familiar. Conta coa colaboración do Museo Pedagóxico de Galicia.
- 19 de novembro, ás 18:00 h.: A Virxe Roxa, tamén presentado polo seu director.
Documental que narra o asasinato de Hildegart Rodríguez a mans da súa nai Aurora. En 1933 Aurora Rodríguez mata a tiros á súa propia filla Hildegart, mentres esta durmía. A moza, con só 18 anos, era unha das feministas máis destacadas da Segunda República Española. Pero tamén era un produto perfectamente calculado e deseñado pola súa nai para que fose a liberadora da muller. Os plans de Aurora non saíron como estaba previsto.
- 3 de decembro, ás 18:00 h.: Contaba morrer, do monologuista e contacontos Lois Pérez.
Esta peza sintetiza moi ben a relación dos galegos e as galegas coa morte, e pon de manifesto certa retranca. Todo o mundo conta morrer, pero non sempre se lle pon nome. O espectáculo reflicte o optimismo tráxico que nos caracteriza aos galegos e as galegas. Haberá unha parte de narración oral, que será o groso da proposta, na que confluirán distintas historias, e na parte final, poesía…
- 17 de decembro, ás 18:00 h. Sesión infantil. Teatro Infantil Ghazafhellos: Iriña Bailarina.
Un pirata, un xogador de futbolín, unha bailarina de caixiña de música e un único desexo; xogar sen límites para medrar sen “medidas”. Ghazafelhos propón reflexionar sobre a igualdade de xénero, o cambio de roles ou os estereotipos sociais. Iriña bailarina esculca na ruptura de roles convencionais a través dunha bailarina que vive nunha caixa de música e que devece por poder saír do espazo que a anoa a dar voltas sen cesar para poder xogar ao futbolín.
- 30 de decembro, ás 19.30 h. Espectáculo infantil. Peter Punk: Punkdemia.
Peter Punk convértese no doutor Punkdemia, con un espectáculo viral no que ofrece a súa particular visión da Pandemia. Punkdemia céntrase en novas rutinas, descubriremos como se viste un pallaso para protexerse da covid-19, uso de máscaras, vacinas e o equilibrio necesario para facer fronte á desescalada.
A Dirección General de Diversidad y Servicios Sociales, do Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030 publicou o seu Plan de formación para 2022, no que se inclúen cursos sobre infancia e servizos sociais. Hai formacións en liña e presenciais (un dos presenciais en Santiago de Compostela)
Inscricións ata o 23 de outubro.
Estas son as ofertas de emprego máis recentes publicadas na web do Ceesg:
- Docente atención sociosanitaria
- T. en orientación laboral
- T. en orientación laboral
- Director/a do CIM
- Axente de Emprego e Desenvolvemento Local
- Docente orientador/a
- Docente orientador/a
- Docente orientador/a
- T. orientador/a laboral
- Monitor/a
- Orientador/a profesional para a inserción
- Educador/a social
- T. de emprego e orientación laboral
Se estás á procura de emprego, recorda visitar regularmente a nosa web para estar ao tanto de todas as novidades.
O Informe Socioeducativo como ferramenta da Educación Social / Servizo de Educación e Apoio Familiar, con módulo de protección de datos.
Hai uns anos, o grupo de traballo do Ceesg aBeira asumiu o reto de desenvolver un modelo de informe socioeducativo que se configurase como un instrumento profesional para a recollida de información e o traballo de intervención realizado polas e polos profesionais da Educación Social, adaptándose á intervención socioeducativa en calquera ámbito de traballo. Este traballo, que contou coa colaboración de profesionais do sector e do eido académico universitario, tivo como resultado o modelo de Informe Socioeducativo (ISE) que actualmente está dispoñible para consulta e descarga na páxina web do Ceesg.
Hoxe continúa o traballo de aBeira para acadar a consolidación deste modelo como ferramenta básica das e dos profesionais da Educación Social en todos os ámbitos, así como a súa estandarización nos procedementos nos que se implican as administracións públicas ou outras entidades e institucións coas que se traballa en rede dende a nosa profesión.
Con este curso preténdese afondar na ferramenta para darlle o mellor uso por parte das educadoras/es sociais.
- Duración e datas: O curso desenvolverase do 14 de novembro ao 16 de decembro, cunha carga lectiva de 50 h.
- Modalidade: Realizarase en liña a través de plataforma de teleformación do Ceesg con varias conexións por videoconferencia, os mércores (16, 23, 30, 7 e 14) en horario de 17:00h -19:00h (horario pendente de confirmación definitiva).
- Persoas destinatarias: Profesionais da Educación Social colexiadas/os no Ceesg ou estudantes de Educación Social amigas/os do Ceesg.
- Cota de matriculación: Curso gratuíto.
- Data límite de inscricións: 11/11/2022 ou ata completar prazas.
- Nº de prazas: 30. (Será imprescindible activar o perfil de alumna/o na aula virtual na primeira semana do curso. Do contrario, a inscrición será anulada e disporase da praza para outra persoa que estea en lista de agarda, de ser o caso).
Ver información detallada do curso
Cupo de inscricións completado. Non se admiten máis inscricións.