ACTUALIDADE
O coidado da saúde mental na infancia e na adolescencia conta con problemas estruturais que requiren unha estratexia coordinada e pactada coa sociedade, con medidas, consensuadas coa comunidade educativa e con todos os axentes implicados no coidado comunitario da saúde mental.
Por iso, a Fundación Salma lidera unha iniciativa de traballo para un gran Pacto para a Mellora da Saúde Mental Infanto Xuvenil en Galicia. O Ceesg sumouse hai meses ás mesas de traballo, das que resultou un texto ao que se poden sumar persoas e entidades ata o día 30 de setembro. Posteriormente, presentarase o texto aos grupos parlamentarios galegos.
Ver información completa e texto do pacto na web da Fundación Salma
Nas últimas semanas, o Ceesg presenou recurso de reposición ás prazas de Orientador/a-prospector/a laboral do Concello de A Laracha, Educador/a Familiar do Concello de Mazaricos, e Educador/a Familiar do Concello de San Sadurniño, así como a varios procesos de selección de persoal directivo de obradoiros de emprego (Melide, Arteixo, Oleiros, Curtis, Muros, Noia e Vimianzo)
Continuamos na divulgación das funcións que podemos levar a cabo dende a Educación Social e na reclamación do noso propio espazo profesional onde corresponda.
Os días 9 e 10 de setembro de 2022 celebrouse en Zarazoza a Asemblea Xeral Extraordinaria do CGCEES, sendo o tema central a celebración de eleccións á Xunta de Goberno.
A presidenta, Lourdes Menacho Vega, foi reelexida por unanimidade dos dezasete colexios profesionais e liderará un equipo no que estarán presentes nove colexios, entre eles o Ceesg, no cargo da Vicepresidencia. O plan de traballo para os vindeiros 4 anos será unha continuidade do mandato anterior, incidindo especialmente no traballo en equipo con todos os colexios e a súa participación nas Comisións do CGCEES.
Composición da nova Xunta de Goberno do CGCEES para el periodo 2022-2026:
- COPESA Andalucía: Presidencia-Lourdes Menacho Vega
- CEESG Galicia: Vicepresidencia-Noelia Rodríguez Álvarez
- GHEE CEESPV País Vasco: Secretaría General-Aitor Ávila Ruiz
- COEESCV Valencia: Tesorería-Vicent Faubel Aigües
- CEESCAN Canarias: Vocalía-Jennifer Mª Herrera Rodríguez
- CESCLM Castilla-La Mancha: Vocalía-Virginia Espinosa Gallego
- CEESC Catalunya: Vocalía-Xavier Puig Santulària
- CEESARAGÓN Aragón: Vocalía-Juan Manuel García Moreno
- CPEESM Madrid: Vocalía-Pablo Sánchez Mirete
Este ano celebraremos o Día Internacional da Educación Social coa celebración dunha Convivencia de profesionais e estudantes de educación social, na que pode participar calquera persoa interesada, xa que contamos cun programa cheo de actividades diversas: formación, feira de entidades, actividades culturais, actuacións musicais, natureza… que será os días 1 e 2 de outubro en Lobios (Ourense)
Estamos agora na recta final para quen queira inscribirse coa tarifa reducida (ata o 15 de setembro, incluído)
Recordamos que hai diferentes opcións de inscricións, coa posibilidade de asistir un ou dous días, e que a cota de inscrición inclúe:
- Participación no Seminario Internacional da Educación Social
- Pernocta en pavillón (para quen o solicite)
- Roteiro guiado (para quen o solicite, prazas limitadas)
- Actividades do sábado á tarde (entrada libre)
- Festival de música (entrada libre)
- Segundo a opción escollida, inclúense diferentes comidas: xantar do sábado, magosto, e almorzo e xantar do domingo.
Animamos a todas as colexiadas e colexiados a unirvos a esta festa da Educación Social, recordando que na nosa web hai información sobre opcións de aloxamento alternativas, con prezos especiais para participantes na Convivencia.
Ver o programa definitivo
Ir ao formulario de inscricións
Ir á web da convivencia
O Xurés Son é un espazo de cultura popular e música, co que compartiremos espazo o vindeiro 1 de outubro, e que conta cunhas actuacións musicais que serán o peche perfecto para a primeira xornada da Convivencia Interuniversitaria e profesional de Educación Social.
Así, o sábado 1 de outubro poderemos disfrutar de varias actuacións en directo, comezando pola Homenaxe á muller rural, no que, ademais de proxectar a exposición ‘Bravas do Xurés’, actuarán varias educadoras sociais que tamén se dedican á música: Alicia González (Andasoa), Sara Álvarez e Selene Casal.
Despois, actuarán The Nunzias Rock Band e a Banda de Garda.
Para rematar esta parte musical, organizaremos un ‘Espazo DJ’ no que escoller a música, e o estudantado de Educación Social está facendo unha selección musical diversa e respectuosa con todas as diversidades, demostrando que podemos divertirnos sen estigmatizar nin cousificar.
Todas as actividades da tarde e o festival son de balde, pero ten en conta que haberá un suculento magosto, e que para poder saborealo hai que inscribirse previamente (10 € antes do 15/09 e 15€ despois)
Toda a invormación sobre a Convivencia na web do Ceesg
Do 5 de outubro ao 2 de novembro desenvolvemos un curso, en colaboración con Psimática Aula Virtual, que ten como obxectivo introducir ás/aos profesionais na mirada relacional que proporcionan os principios da teoría do apego e sobre o trauma, de maneira que adquiran novas ferramentas prácticas tanto para facer unha análise máis rigorosa dos casos, como para situarse dunha maneira máis comprensiva e bentratante na relación coas persoas a quen acompaña.
Esta edición do curso é exclusiva para educadoras/es sociais colexiadas/os (tanto no Ceesg como en calquera colexio profesional integrante do CGCEES). O curso impartirase en castelán.
Tamén pode participar alumnado de Educación Social que estea de alta como Amigo/a do Ceesg, e figuras análogas doutros colexios pertencentes ao CGCEES.
Contidos
- MÓDULO 1. Introdución á teoría do apego: conceptos básicos. De onde vimos?
- MÓDULO 2. Aplicacións da teoría do apego segundo a perspectiva sistémica. Como se ve afectado o apego na relación cos demais?
- MÓDULO 3. Coidado, autocoidado e autorregulación emocional. Como repercute o apego na relación co meu propio mundo interior?
- MÓDULO 4. A mentalización como intelixencia dirixida ao corpo. Que nos di a teoría do apego respecto á nosa rede profesional?
O curso inclúe contido teórico especialmente escrito polo profesor para este curso, que poderás descargar en PDF; resumos de contidos do esencial de cada clase (descargable), un vídeo en cada clase que axuda a consolidar a aprendizaxe dos contidos; documentación complementaria (artigos, webs, etc.) a través dos cales afondar en distintos aspectos, e foros, onde alumnado e profesor compartirán espazo para aclarar conceptos, facer preguntas, achegar novos materiais, etc.
Ver dossier completo do curso (recolle detalladamente os contidos, así como información sobre a metodoloxía, comunicación co profesor, criterios de avaliación, etc.)
Ir ao formulario de inscrición
Datos básicos da formación:
- Datas: do 5 de outubro ao 2 de novembro.
- Modalidade: En liña.
- Prezo: 185 euros.
- Inscricións ata o 28 de setembro