Achegas á Lei de Igualdade de Galicia
Achegas á Lei de Igualdade de Galicia

A Secretaría Xeral de Igualdade, da Consellería de Emprego e Igualdade, abriu o mes pasado o trámite de consulta pública previa sobre o borrador da Lei para a Igualdade efectiva de mulleres e homes de Galicia.
O Ceesg realizou as súas achegas ao mesmo, coa colaboración do grupo de traballo Fiadeiras.

Información sobre a norma.

Formación: Mediación: Ruptura de parella. Atención aos fillos e fillas nesa situación.
Formación: Mediación: Ruptura de parella. Atención aos fillos e fillas nesa situación.

O vindeiro 22 de setembro terá lugar un obradoiro en liña sobre mediación familiar, centrado na atención ás fillas e fillos na ruptura de parella.

Esta formación estará impartida por UNAF (Unión de Asociacións Familiares) e terá unha duración de 2 horas.

Poden inscribirse colexiadas/os do Ceesg e alumnas/os de Educación Social amigas/os do Ceesg ata o día 19 de setembro.

Ver información detallada do curso

FORMULARIO DE INSCRICIÓNS

Próximo número da revista RES
Próximo número da revista RES

O número 35 da revista RES centrará a súa atención no VIII Congreso de Educación Social, 2022. Registro, memoria y palabra.

Recordamos que tamén se poden enviar propostas para a sección de miscelánea, na que se recollen outros temas interesantes aínda que fóra do tema central do número, así como ás seccións de actualidade e reseñas.

Quen teña propostas para enviar a estas seccións, pode presentalas antes do 15 de setembro de 2022.

Ver presentación do vindeiro número (nesta páxina tamén podedes atopar enlaces con orientacións sobre as colaboracións, autorización de artigos e criterios de publicación)

VIII Congreso Estatal de Educación Social dispoñible en vídeo
VIII Congreso Estatal de Educación Social dispoñible en vídeo

O VIII Congreso Estatal de Educación Social estaba previsto que se celebrase en Zaragoza en 2020 en formato presencial, como veu sendo habitual en congresos anteriores. A situación de pandemia obrigou ao seu aprazamento.

Tras estudar diversas opcións optouse por un formato e experiencia innovadora consistente nun concepto novo de congreso descentralizado, itinerante, interterritorial, que iría percorrendo diversos territorios, lugares e datas e que podería seguirse tanto en formato presencial como en liña, xa que se irá transmitindo en streaming.

Realizouse en nove xornadas en diversos territorios contando co Colexio Profesional da zona:

Resumo 1ª Xornada: Madrid.
Resumo 2ª Xornada: Cuenca.
Resumo 3ª Xornada: Canarias.
Resumo 4ª Xornada: Bilbao.
Resumo 5ª Xornada: Madrid.
Resumo 6ª Xornada: Valencia.
Resumo 7ª Xornada: Murcia.
Resumo 8ª Xornada: San Pelayo.
Resumo 9ª Xornada: Sevilla.

Finalizado o Congreso, os vídeos das conferencias e relatorios están dispoñibles para quen non tivese oportunidade de participar en directo, ou para quen queira revivilo de novo.

Enlace aos vídeos do VIII Congreso Estatal de Educación Social.

O VIII Congreso Estatal de Educación Social foi organizado polo Consejo General de Colegios de Educadoras y Educadores Sociales (CGCEES), co apoio do Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030 e en colaboración co Colexio Profesional de cada comunidade autónoma.

Presentado recurso contra bases de orientador/a laboral do concello de A Laracha
Presentado recurso contra bases de orientador/a laboral do concello de A Laracha

O Ceesg presentou recurso de reposición contra as bases anunciadas polo Concello da Laracha para a Convocatoria de proceso selectivo para a provisión de unha praza de orientador/a-prospector/a laboral para o programa integrado de emprego e formación dunha bolsa de emprego, publicadas no BOP da Coruña do 20 de xullo de 2022.

O motivo do recurso é solicitar a inclusión da titulación de Educación Social como un dos requisitos académicos válidos para participar no proceso.

Preséntase a Convivencia Interuniversitaria e Profesional da Educación Social
Preséntase a Convivencia Interuniversitaria e Profesional da Educación Social

O pasado 22 de xullo presentouse en Ourense a Convivencia Iteruniversitaria e Profesional da Educación Social.

No acto participou Elena Rivo, Vicerreitora do Campus de Ourense, que destacou a complexidade de organizar actividades deste tipo e subliñou o interese de implicar nas actividades universitarias outros territorios, neste caso Asturias e norte de Portugal, e sobre todo zonas rurais.

Xosé Manuel Cid, Decano da Facultade de Educación e Traballo Social da Universidade de Vigo, subliñou a vocación deste centro de ‘trasladar a universidade ao exterior e recibir o que nos poida vir do exterior’. Sinalou ademais, que a universidade ‘non é só aprender catro materias senón tamén participar da cultura e da contorna’.

Deibe Fernández-Simo, vogal do Ceesg e coordinador do evento explicou en detalle unha convivencia que quere ‘pór en valor todo o que ten que ver coa Educación Social’. A iniciativa, dixo, ‘trata de rachar as barreiras que temos habitualmente entre as universidades’ facilitando espazos de encontro entre alumnado e profesionais.

A convivencia, que se celebra coincidindo co Día Internacional da Educación Social, contará cun intenso programa que inclúe un seminario de formación, actividades lúdicas e culturais, que procurarán propiciar o intercambio e a creación de redes.

A información detallada e fomulario de inscricións está na web do Ceesg