ACTUALIDADE
Estas son as ofertas de emprego máis recentes publicadas na web do Ceesg:
- Animador/a sociocultural
- Educador/a de familia
- Orientador/a laboral
- Técnica/o social
- Director/a de centro sociosanitario
- Orientador/a laboral
- Monitor/a
- Coordinador/a de proxectos de formación
- Técnica/o de emprego e orientación
- Técnica/o de emprego - programa de migracións
- Educador/a Punto de Entontro
Se estás á procura de emprego, recorda visitar regularmente a nosa web para estar ao tanto de todas as novidades.
Dende o Colexio de e Educadores Sociais de Galicia (Ceesg), denunciamos unha vez máis a falta de consideración e recoñecemento da nosa profesión no ámbito da saúde mental.
Tras a publicación do Plan de Saúde Mental de Galicia poscovid19 2020-2024, observamos como, unha vez máis, a contribución das e dos profesionais da Educación Social segue sen ser tida en consideración, a pesar de estar presente en diferentes programas, recursos, equipamentos e institucións deste ámbito, a pesar de ser traballadoras esenciais antes, durante e despois da pandemia e a pesar de ser profesionais de referencia para moitas persoas usuarias e familias destes recursos de atención.
O Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia non se ten en conta para a elaboración dun plan que ten coma pilares fundamentais o acompañamento de persoas usuarias e familias nos procesos de recuperación, as accións comunitarias e o traballo socioeducativo, algo inexplicable.
Por todo o anterior exposto, reclamamos a valoración da nosa profesión neste ámbito, no desenvolvemento do Plan Galego de Saúde Mental de Galicia e nas posteriores revisións.
Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia.
13 de xaneiro de 2021.
O Ceesg subscribe e apoia as reivindicacións de Materfem (Maternidades Feministas Galegas) sobre a conciliación e volta á escola o vindeiro curso, que veñen de poñer por escrito co lema ‘Relegarnos dos coidados non é conciliar’.
Porque é necesario poñer no centro do discurso político os coidados e polo dereito á conciliación.
A Facultade de Ciencias da Educación, da Universidade da Coruña, está a deseñar un Mestrado oficial de carácter mixto (profesionalizante e de investigación) que especialice na facilitación de procesos participativos, competencia esencial no exercicio profesional da Educación Social crítica, inclusiva e transformadora.
Tras organizar varios grupos de discusión (nos que teñen participado representantes do Ceesg e dos seus grupos de taballo), precisan agora coñecer o interese e valoración deste Mestrado por parte das/os profesionais e alumnado dos últimos cursos. Para isto, solicitan ás educadoras/es sociais que respondamos a un cuestionario que pode achegarlles esta información.
Acceder á enquisa
(na presentación explican o obxectivo que se persegue entre outras cuestións)
Responder o cuestionario leva como moito 10 minutos.
O Colegio de Ciencias Políticas y Sociología de Andalucía organiza un curso de Orientación Laboral que se levará a cabo de xeito telemático cunha duración de 30 horas.
O Curso comeza o día 1 de xuño pero hai posibilidade de inscribirse ata o día 15.
A organización bonifica este curso reducindo o importe da matrícula nun 40% ao público en xeral e un 60% a persoas colexiadas.
Quen desexe facer a inscrición con este prezo reducido, debe contactar no correo colegio@colpolsoc-andalucia.org achegando un certificado dixitalizado que acredite a súa colexiación.
Información detallada do curso
O Ceesg non organiza nin patrocina esta actividade, nin se fai responsable do seu contido nin das condicións de contratación, que serán directamente coa empresa ofertante.
Ante a proximidade das eleccións galegas os colectivos asinantes da campaña ‘Nin risga nin ingreso mínimo vital, renda básica XA’ presentarán en roldas de prensa simultáneas na Coruña, Vigo e Santiago de Compostela o martes 23 de xuño as súas propostas para que a renda básica serva de base a unhas novas políticas sociais.
- En Compostela: ás 11:00 h en San Caetano, enfronte da Estación de Autobuses.
- En Vigo: ás 11:00 h diante do Edificio Administrativo da Xunta, na Rúa Concepción Arenal nº 8.
- En A Coruña: ás 11:00 h diante das Oficinas da Xunta na Praza Pontevedra nº 22.
Consideramos que o estado de alarma deixou en evidencia a inacción da Xunta, algo que por desgraza viñamos padecendo de antes e agora quedou ao descuberto. A desescalada acelérase e a máquina das eleccións ponse en marcha como si nada tivera pasado nestes meses.
As políticas galegas que se puxeron en marcha neste tempo son minúsculas ante a magnitude da crise sanitaria, económica e social que estamos a vivir. Queda claro que non todas as vidas importan.
Ante esta situación presentamos as nosas proposta en catro aspectos que cómpre mellorar con urxencia:- Renda Básica fronte a RISGA ou Ingreso Mínimo Vital…
- Dereito a vivenda.
- Dereitos da Poboación migrante.
- Dereitos das Persoas Maiores
Rematando esixindo que o vindeiro goberno da Xunta, asuma a proposta dunha RENDA BÁSICA suficiente, incondicional, universal e incorporada como pleno dereito da cidadanía, como base dunha nova política social, que xire entorno ao conxunto de necesidades das persoas e que teña en conta ao conxunto da cidadanía nas súas diversidades.
Os colectvos asinantes da Campaña son: Foro Galego de Inmigración, Oficina Dereitos Sociais de Coia, Colectivos pola Renda Básica Universal de Compostela, Betanzos e A Coruña, Boa Vida, SOS Racismo Galicia, ONGD Viraventos, Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia, Coordinación Baladre contra a precariedade, o empobrecemento e a exclusión social, Coordinadora de Crentes Galeg@s, Asociación Fuco Buxán, Vangarda Obreira da Coruña.