Deducibilidade fiscal das cotas colexiais
Deducibilidade fiscal das cotas colexiais

Ante as dúbidas respecto da deducibilidade fiscal das cotas colexiais, en relación á obrigatoriedade de colexiación ante a falta de reserva de actividade por lei estatal, dende o Ceesg formulouse unha consulta vinculante ao respecto, dirixida á Dirección General de Tributos do Ministerio de Hacienda, da que trasladamos a resposta: Descargar

Complementariamente, dado que a Dirección General de Tributos non aclara suficientemente a cuestión, desde o Ceesg tamén formalizaremos nos próximos días consulta vinculante á Presidencia da Xunta de Galicia, da que achegaremos resposta cando se reciba.

Dende o Ceesg defendemos a colexiación obrigatoria para o exercicio da profesión, tal como se recolle no plan de traballo aprobado pola Asemblea Xeral deste ano 2020.

 Aviso - horario de atención
Aviso - horario de atención

O xoves 21 de maio o Ceesg non terá atención, por festividade local.

Recordamos que neste momento e ata novo aviso, continúa a atención telefónica e vía correo-e no horario e teléfono habitual (de 9:00 a 14:00 e de 17:00 a 19:00 h.)

A partir do 1 de xuño comeza o horario de verán (de 8:00 a 15:00 h., ata o 30 de setembro)

Consellos para un confinamento san -dende a Educación Social-
Consellos para un confinamento san -dende a Educación Social-

Convidamos ás colexiadas que traballan como autónomas ou que teñen algunha empresa ou iniciativa relacionada coa Educación Social, a que compartan connosco algún vídeo no que nos se recollan actividades: lúdicas, culturais, artísticas, ecolóxicas, coeducativas, autocoidado, relaxación, etc. que poidan resultarnos útiles durante este tempo de confinamento.

Configuraremos así unha guía audiovisual de recursos para educadoras/es sociais, ademais de coñecer a algunhas das compañeiras que traballan por conta propia no eido da Educación Social.

Os vídeos compartiranse cada dous ou tres días nas nosas redes sociais, e iremos actualizando o programa na páxina web do Ceesg.

Neste CALENDARIO iremos actualizando o programa e os enlaces a todos os vídeos:

 Investigación sobre o papel da Educación Social e Traballo Social ante a COVID-19
Investigación sobre o papel da Educación Social e Traballo Social ante a COVID-19

Profesionais e investigadoras/es de diferentes universidades españolas están levando a cabo unha investigación sobre o papel das profesionais da Educación Social e o Traballo Social ante a Crise da Covid-19 co obxectivo de coñecer aqueles sectores de poboación que sofren con maior intesidade os problemas derivados das medidas tidas en conta polo Goberno central, así como os problemas cos que se enfrontan as os profesionais.

Se queres colaborar, só tes que cubrir un cuestionario. O tempo estimado para cubrilo é de 10 minutos.
Ir ao cuestionario

Recursos de formación en liña gratuíta
Recursos de formación en liña gratuíta

Recompilamos na nosa web información de entidades que ofertan nestes momentos de confinamento formación en liña gratuíta que pode ser de interese para educadoras e educadores sociais.

Esta información irase actualizando mentres continúe o estado de alarma e situación de confinamento.

Accede á sección

Día Mundial contra o acoso escolar
Día Mundial contra o acoso escolar

Con motivo do Día Mundial contra o acoso escolar, que se conmemora o 2 de maio, o CGCEES creou o hashtag #EdusoesEMPATÍA para visibilizar nas redes sociais as achegas da Educación Social.

Ver comunicado do CGCEES