ACTUALIDADE
Recompilamos aquí a información oficial ofrecida polas administracións públicas que de algún xeito pode afectar ao desenvolvemento da profesión de educación social, en diferentes ámbitos de traballo.
Sección en constante actualización. Última actualización: 15/06/20.
Podes consultar outras informacións do Ceesg e do CGCEES na sección ‘Informacións sobre o Coronavirus’
Atención á infancia e adolescencia
- Recomendacións e medidas para o desenvolvemento das actividades de educación non formal, ocio educativo e tempo libre adaptadas á situación de Covid-19. (Xunta de Galicia, 13/06/2020)
- Anexo I ás recomendacións anteriores. Posibles actividades no ámbito do ocio e tempo libre para realizar de forma segura no marco da crise sanitaria provocada polo virus SARS CoV-2 (Xunta de Galicia, 13/06/20)
- Los retos de la infancia en un verano excepcional. Guía práctica para el 2020. Ministerio de Educación e Vicepresidencia de Dereitos Sociais. Xuño 2020.
- Actualización. Documento técnico de recomendacións de actuación desde o sistema público de protección á infancia e á adolescencia ante a crise por COVID-19 (Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030. Versión 31/03/2020.)
- Acordo do CECOP relativo á realización de actividade física ao aire libre durante a vixencia do estado de alarma para os residentes dos centros d emenores. (DOG 6/05/2020)
Servizos Sociais
- Prevención no Servizo de Axuda a Domicilio fronte ao coronavirus (Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia. 31/03/2020)
- Documento técnico de recomendacións para responsables políticos e persoal directivo dos Servizos sociais de atención primaria ante a crise por COVID-19. (Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030. 6/04/2020)
- Preguntas e respostas para a xestión dos Servizos de Axuda no Fogar. (Fegamp. 02/04/2020)
- Preguntas frecuentes. Ampliar o escudo social para non deixar a ninguén atrás (Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030. 2/04/2020)
- Documento Técnico de Recomendacións de actuación ante a crise por COVID-19, dos Servizos Sociais en asentamentos segregados e barrios altamente vulnerables (Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030. 27/03/2020)
- Documento Técnico de Recomendaciones de actuación desde los Servicios Sociales de Atención Domiciliaria (versión 2) (Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030. 18/03/2020)
- Documento Técnico de Recomendacións de actuación ante a crise por COVID-19, para os xestores de Servizos Sociais de Atención a Persoas sen Fogar (Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030. 18/03/2020)
- Preguntas frecuentes sobre as medidas sociais contra o coronavirus. (Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030. Marzo 2020)
Igualdade
- La perspectiva de género, esencial en la respuesta a la Covid-19. Instituto de la Mujer. Xuño 2020
- Guía de actuación para mulleres vítimas de trata con fins de explotación sexual e para mulleres en contextos de prostitución. Situación de emerxencia derivada do confinamento pola epidemia de coronavirus (Ministerio de Igualdade, 13/05/2020)
- +perto de ti. Recursos de prevención da violencia de xénerio en situación de confinamento pola COVID-19 (Deputación da Coruña, abril 2020)
- Guía de actuación para mulleres que estean sufrindo violencia de xénero en situación de permanencia domiciliaria derivada do estado de alarma por COVID 19. (Ministerio de Igualdade. Marzo 2020)
- Plan de reforzo da atención das vítimas da violencia machista que garanta a súa seguridade durante o estado de alarma por COVID-19 (Secretaría Xeral da Igualdade. Marzo 2020)
Saúde Mental e Adiccións
- Instrucións para as persoas cunha situación de necesidade por padecemento dun trastorno mental relacionadas coa limitación de circulación polas víasde uso público. (Consellería de Sanidade. 20/03/2020)
- Documentos relacionados co ámbito da saúde mental e as adiccións (Consellería de Sanidade)
Persoas maiores e centros sociosanitarios
- Plan de reactivación do ámbito sociosanitario en relación coa infección do virus SARS-CoV2 (Consellería de Sanidade, 16/05/20)
- Acordo do CECOP sobre a realización de actividade física ao aire libre durante a vixencia do estado de alarma para os residentes dos centros de discapacidade. (DOG 6/05/2020)
- Instrución específica para centros socio-sanitarios da Consellería de Política Social, que clarifica criterios para a determinación dun/ha traballador/a como especialmente sensible nos seus centros (Consellería de Política social. 14/04/2020)
- Resumo das medidas e protocolos para centros residenciais (Fegamp, 7/04/2020)
- Documentos relacionados cos centros sociosanitarios e residencias de maiores (Consellería de Sanidade)
- Protocolo de actuación para a adopción, como medida excepcional, da realización de servizos asistenciais en centros residenciais para facer fronte á situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19. -Anexo II da orde- (Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. 31/03/20)
- Propostas de actuación desde o ámbito local coas persoas maiores que viven soas. (FEMP. Marzo 2020)
- Guía de prevención e control frente á COVID-19 en residencias de maiores e outros centros de servizos sociais de carácter residencial. (Ministerio de Sanidade. 24/03/2020)
Prisións
- Recomendacións en centros penitenciarios en relación á COVID-19. (Ministerio de Sanidade. 27/03/2020)
Xeral
- Guía sobre o Ingreso Mínimo Vital (Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030. Maio 2020)
- Plan de transición a la nueva normalidad: guía de la Fase 3 (Ministerio de Sanidad. 31/05/20)
- Plan de transición a la nueva normalidad: guía de la Fase 2 (Ministerio de Sanidad. 23/05/20)
- Plan de transición a la nueva normalidad: guía de la Fase 1 (Ministerio de Sanidad. 23/05/20)
- Información útil para los ciudadanos sobre las medidas adoptadas por Ministerios y Organismos con motivo del estado de alarma. Goberno de España.
- Preguntas Frecuentes (FAQs) sobre las medidas del estado de alarma por la crisis sanitaria de COVID-19. Goberno de España.
- Guía de facilitación do acceso ás medidas urxentes no ámbito social e económico para facer fronte á COVID-19. (Vicepresidencia de Derechos Sociales y Agenda 2030. 20/04/20)
- Documento técnico de recomendacións para a actuación do voluntariado ante a crise por COVID-19 e o estado de alarma (Vicepresidencia de Derechos Sociales y Agenda 2030. 16/04/20)
- Guía de actuacións preventivas no ámbito laboral ante o coronavirus (Xunta de Galicia. 12/04/20)
- Guía de actuación preventiva ante o coronavirus no ámbito da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia -protocolo para abordar a prevención no eido laboral e establecer mecanismos de protección de traballadoras/es- (Vicepresidencia e Consellería de Presidencia. 14/04/2020)- Anexo II da Resolución do 16 de abril de 2020 pola que se dá publicidade a diversos acordos da CECOP. DOG 17/04/20)
- Guía de actuación fronte á COVID-19 en profesionais sanitarios e sociosanitarios (Ministerio de Sanidade. Versión 13/04/2020)
- Directrices de boas prácticas nos centros de traballo. Medidas para a prevención de contaxios (Ministerio de Sanidade. 11/04/2020)
- Medidas hixiénicas para a prevención da COVID-19 (Ministerio de Sanidade. Versión 6/04/2020)
- Información para profesionais sobre o uso da infografía ‘Afrontar el duelo en tiempo del coronavirus’ (Ministerio de Sanidade. 3/04/2020)
- Instrución sobre a utilización de hoteis por parte da Consellería de Política Social. (Consellería de Política Social. 3/04/2020)
- Prevención no traballo. (Consellería de Sanidade. marzo 2020)
- Recomendacións xerais sobre o coronavirus (na casa, en fogares con persoas maiores, con crianzas, con persoas contaxiadas na casa, en actividades comerciais, no posto de traballo, no caso de ter síntomas, etc.) (Consellería de Sanidade. Marzo 2020)
- Documentos técnicos para profesionais, relacionados co coronavirus. (Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social. Marzo 2020)
En relación á situación actual de emerxencia sanitaria, vimos de solicitar ao presidente da Xunta de Galicia:
- Que se apliquen as medidas de protección necesarias, garantindo os Equipos de Protección Individual e os produtos de desinfección necesarios para usuarios/as e profesionais.
- Que se establezan protocolos e instrucións específicas para a prevención de contaxios, para actuar con seguridade tanto para as/os profesionais como para as persoas atendidas, tendo en conta as características xerais de cada tipo de recurso e cada grupo de poboación destinataria da intervención. Estes protocolos e instrucións distribuílos non só de xeito interno, senón en colaboración cos colexios profesionais, para asegurar a súa máxima difusión.
- Que se garanta o tratamento e atención médica adecuados tanto a profesionais como ás persoas que atenden.
Ademais, propuxemos:
- A incorporación da Educación Social xunto co resto de profesionais do social, naqueles comités ou espazos onde se considere que polas nosas capacidades, habilidades, competencias e recursos podemos aportar a experiencia e o coñecemento profesional na atención directa da cidadanía.
- A implementación de medidas a medio e longo prazo destinadas ás persoas e grupos en situación de maior vulnerabilidade.
Esa serie de medidas a medio e longo prazo entendémolo como un documento aberto, polo que está á disposición das colexiadas e colexiados para realizar todas aquelas achegas que queirades aportar. Podedes enviar as vosas propostas por correo-e. Ver documento
Moitas grazas a todas as profesionais que nestas circunstancias seguides contribuíndo co voso traballo ao benestar das persoas.
O pasado sábado 28/03/2020 publicouse no BOE a Orde SND/295/2020, de 26 de marzo, pola que se adoptan medidas en materia de recursos humanos no ámbito dos servizos sociais ante a situación de crise ocasionada polo COVID-19.
Esta norma contempla unha serie de medidas dirixidas a protexer o benestar, a saúde e seguridade da cidadanía e a contención da progresión da enfermidade.
Debido á situación crítica dos colectivos destinatarios dos servizos sociais, que precisan dunha atención ineludible e inaprazable, e ante a grave situación de falta de persoal que se está producindo nos centros e entidades públicos e privados acreditados que provén de tales servizos sociais esenciais, faise preciso adoptar unha serie de medidas en relación cos recursos humanos deste sector que garantan a adecuada e debida asistencia dos sinalados colectivos.
Esta Orde establece medidas especiais en materia de recursos humanos para a garantía do correcto funcionamento do sistema de servizos sociais no seu conxunto e a continuidade dos mesmos, en desenvolvemento e aplicación do previsto no Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma.
- É de aplicación a todos os centros e entidades que presten calquera dos servizos contidos no Catálogo de Referencia aprobado por Acordo do Consello Territorial de Servizos Sociais e do SAAD o 16 de xaneiro de 2013, con independencia da súa titularidade, así como aos seus traballadores e traballadoras calquera que sexa a natureza da súa relación contractual ou administrativa. Os centros e entidades de titularidade privada terán a consideración de operadores de servizos esenciais.
- O Imserso e as comunidades autónomas –nos seus respectivos ámbitos de competencia en materia de servizos sociais- poderán adoptar as medidas necesarias para a protección das persoas, bens e lugares, podendo impoñer ás traballadoras e traballadores a prestación de servizos extraordinarios, xa sexa en razón da súa duración ou da súa natureza.
- As medidas que se adopten deberán contribuír á correcta prestación dos servizos sociais obxecto desta orde e utilizar de maneira racional os recursos humanos dispoñibles, debendo atender aos principios de necesidade e proporcionalidade. As medidas non serán de aplicación ás mulleres embarazadas.
- O persoal contará con acreditación expedida pola súa entidade ou empresa para que lle sexan de aplicación os supostos de circulación pola vía pública.
- As medidas poderán dirixirse á encomenda de funcións distintas ao posto de traballo, categoría ou especialidade, se ben preferentemente serán similares ou análogas ás que viñan desempeñando e tendo en conta a capacitación profesional. Tamén poderán adoptarse medidas de redistribución de efectivos e cambios de centro de traballo sempre que non comporten mobilidade xeográfica do traballador ou traballadora.
- Todo o persoal de servizos sociais, independentemente de que xa estea prestando servizos na modalidade de teletraballo ou outras, deberá estar dispoñible para ser requirido en calquera momento para a prestación de tarefas presenciais, con excepción daquelas persoas que se atopen en situación de illamento domiciliario por COVID-19. O anterior tamén afecta ao persoal administrativo mínimo imprescindible para o desenvolvemento dos servizos.
- Poderán adoptase as medidas que se consideren precisas en materia de xornada de traballo e descanso, permisos, licenzas e vacacións e reducións de xornada.
Medidas excepcionais para a contratación ou reincorporación de persoal:
- É de inmediata aplicación o Acordo do 20 de marzo de 2020 do Consello Territorial de Servizos Sociais e do SAAD, polo que se modifican temporalmente os criterios comúns de acreditación para garantir a calidade dos centros e servizos do SAAD.
- Autorízase, previa valoración pola autoridade competente da oportunidade da medida e da idoneidade do traballador, á contratación temporal, a xornada parcial ou completa, de persoal que se atope cursando o último ano dos estudos requiridos para a prestación dos correspondentes servizos nos distintos ámbitos do sector dos Servizos Sociais e do SAAD e que, en consecuencia, non teña o preceptivo título académico ou da habilitación profesional correspondente.
- O persoal con dispensa absoluta de asistencia ao posto de traballo por exercicio de funcións sindicais deberá reincorporarse de forma temporal para desempeñar as súas funcións en atención á situación xerada polo COVID-19. A reincorporación destas/es traballadoras/es non suporá o cesamento do persoal substituto que puidese existir.
Esta orde terá efectos dende o mesmo día da súa publicación no BOE (28/03/20) e ata a finalización do estado de alarma e as súas posibles prorrogas.
COMPROMISO E IMPLICACIÓN PROFESIONAL
Os servizos sociais esenciais que seguen prestándose durante o estado de alarma están en relación cos dereitos e intereses do colectivos sociais máis vulnerables, cos que dende a Educación Social debemos implicarnos como profesionais ao servizo da cidadanía.
Recordamos o principio de coherencia institucional, recollido no Código Deontolóxico da Educadora e o Educador Social, que establece que o/a educador/a social coñecerá e respectará a demanda, o proxecto educativo e regulamento de réxime interno da institución onde traballa.
Así mesmo, son salientables os seguintes artigos:
- Artigo 22. Coñecerá e respectará os principios ideolóxicos, compartirá o proxecto educativo e será consecuente coas normas existentes na institución onde realiza o seu traballo profesional.
- Artigo 24. Na súa práctica profesional, colaborará cos distintos servizos existentes na comunidade vinculando as institucións co fin da optimización dos recursos e da mellora da oferta dos servizos socioeducativos.
A actual situación supón un reto que non é doado de abordar para entidades, centros e profesionais, e debemos afrontalo coa maior profesionalidade, compromiso e vocación de servizo.
Comunicado do Grupo de Estudos e Intervencións Xeragóxicas do Ceesg:
No devir dos últimos días, sexa cal sexa a fonte de información, as persoas maiores sitúanse baixo o foco. Isto débese a que é este o colectivo máis vulnerable e afectado polas consecuencias do coronavirus. Arrastrando, consigo, unha triste e desoladora realidade na que debemos centrar todos os nosos esforzos e por suposto, tamén, os nosos recursos.
A Educación Social galega, como non podería ser doutro xeito, súmase ao recoñecemento de todas aquelas e aqueles profesionais que, por mor da súa responsabilidade laboral, non poden quedar na casa e saen día tras día a desempeñar as tarefas que lle corresponden, coidando así daqueles/as que no seu momento xa coidaron de nós.
Dende o GEIX, somos conscientes da realidade que están a vivir as persoas maiores nestes momentos e queremos trasladar, tanto ás profesionais como usuarias, o noso máis sincero apoio nestes momentos que nos está tocando vivir. A desatención por falta de recursos, a urxencia de respectar protocolos pouco viables, a necesidade de ofrecer ás familias unha atención de calidade ás súas demandas… Son algunhas das situacións que nos xeran, día tras día, angustia e desesperación.
Para todas e todos: moita forza.
Podemos dicir, de xeito concreto, que a terceira idade en contexto institucional, é un colectivo, se cabe, aínda máis especial. Convivir cun grupo de iguais nun centro ou residencia, acostumarte ao desenvolvemento de certas rutinas diarias, ser atendido/a por profesionais altamente formados/as e de confianza, a proximidade, a calidez… o bo trato e a atención centrada nas persoas é algo que estamos vendo alterado hoxe en día.
Neste senso, dende o GEIX, condenamos calquera situación que dificulte ou impida o pleno desenvolvemento das funcións de Educadores e Educadoras Sociais, así coma o resto de profesionais sociosanitarias, no ámbito de Persoas Maiores con garantías de calidade.
É o momento de devolver aos nosos/nosas maiores todo canto nos aportan e aportaron no seu día. E tempo de estar á altura, de traballar xuntos/as e esixir melloras, de garantir uns coidados de calidade. É tempo de seguir na loita. É tempo de Educación Social.
Comunicado conxunto de colexios profesionais, sindicatos e entidades non lucrativas que xestionan fogares, residencias e centros de protección de menores, reclaman maior atención ante o risco de colapso polo efecto do COVID-19.
As e os profesionais da Educación social exercemos en condicións moitas veces precarias, alternando quendas, sen medidas de conciliación, entornos de perigosidade e toxicidade. Somos invisibles para as Administracións e sen embargo estamos sempre aí. Axudando a quen nos necesita.
Nestes días, o Consello Xeral de Colexios de Educadoras e Educadores Sociais pon en marcha unha campaña en redes sociais para facer máis visible a nosa profesión #LaEducaciónSocialesNECESARIA
Ver información das publicacións realizadas ata este momento