Achegas ao Anteproxecto de modificación da Lei de saúde sexual e reprodutiva e da interrupción voluntaria do embarazo
Achegas ao Anteproxecto de modificación da Lei de saúde sexual e reprodutiva e da interrupción voluntaria do embarazo

O Ministerio de Igualdade abriu recentemente o trámite de audiencia e información sobre o Anteproxecto de Lei Orgánica pola que se modifica a Lei Orgánica 2/2010, de 3 de marzo, de saúde sexual e reprodutiva e da interrupción voluntaria do embarazo.

O Ceesg vén de realizar as súas achegas ao mesmo, coa colaboración do grupo de traballo Fiadeiras.

Novas ofertas de emprego
Novas ofertas de emprego

Estas son as ofertas de emprego máis recentes publicadas na web do Ceesg:

  • Educador/a social.
  • T. de integración laboral.
  • Axente de desenvolvemento local.
  • Axente de emprego e desenvolvemento local (OPE)
  • Axente de emprego e desenvolvemento local (OPE)
  • Educador/a familiar.
  • T. en xestión cultural e información xuvenil.
  • Animador/a sociocultural.
  • Orientador/a profesional para a inserción.

OPEs de estabilización:

  • Educador/a social (2)
  • Educador/a familiar (13)
  • Educador/a—coordinador/a SAF (1)
  • Téc. Aux. Educación diúrna (1)
  • Téc. Aux. Educación nocturna (2)
  • Téc./Axente de emprego (7)
  • Axente de emprego e desenvolvemento local (24)
  • Axente de Igualdade (2)
  • Animador/a cultural / sociocultural (6)
  • Téc./Coord. de Cultura (5)
  • Monitor/a de ludoteca/sociocultural (2)
  • Téc. información xuvenil (1)
  • Responsable casa da cultura (1)
  • Dinamizador/a xuvenil (1)
  • Preparador/a laboral (3)
  • Orientador/a laboral (9)
  • Téc. de inserción (1)
  • Coord. centro social (1)
  • Téc. de servizos sociais (2)
  • Coordinador/a oficina desenvolvemento do Plan Xitano (1)
  • Téc. prevención de condutas adictivas (1)

Se estás á procura de emprego, recorda visitar regularmente a nosa web para estar ao tanto de todas as novidades.

XVIII Xornadas Interxeracionais Rurais de Cabreiros
XVIII Xornadas Interxeracionais Rurais de Cabreiros

Un ano máis, Cabreiros celebra as súas Xornadas Interxeracionais Rurais que chegan á súa XVIII edición e que continúan (despois de dous anos de restricións) dando exemplo de desenvolvemento comunitario no rural galego.

O Ceesg, entidade colaboradora desta xornada, participará na mesa inaugural o sábado 28 de maio. Nesta primeira sesión presentaranse os traballos premiados no VIII Premio Xermade na Historia e a convocatoria da seguinte edición, organizada pola asociación de veciños, USC, Concello e Deputación. Trala pausa do xantar terán lugar dúas actividades que abrirán o debate sobre autosuficiencia no agro, soberanía alimentaria, horta ecolóxica e a venda directa.

As Xornadas Interxeracionais continuarán o sábado 4 de xuño ás 10.30 horas para falar sobre modelos de vivendas alternativas e colaborativas coa participación de catro persoas expertas e representantes doutras tantas empresas e organizacións do territorio peninsular. A tarde estará dedicada á presentación de experiencias de emprendemento no rural, cun obradoiro de cestería como peche.

A derradeira cita será o 11 de xuño, cun relatorio dedicado á saúde emocional, as pandemias, guerras e psicoloxía da resistencia, rematando a mañá cun obradoiro de risoterapia. E xa pola tarde, como peche desta edición, poderemos disfrutar da actuación do grupo Mamá Cabra, co seu espectáculo Paraíso Natural.

Ver programa detallado

Buscamos persoal funcionario ou laboral fixo
Buscamos persoal funcionario ou laboral fixo

No Ceesg recibimos cada vez máis peticións de designación de profesionais para formar parte dos Tribunais de oposicións de concellos en prazas nas que podemos optar como educadoras/es sociais.

Pedimos a vosa colaboración para participar como integrantes de tribunais ou como persoal asesor. Se traballas na Administración Pública nun grupo A1 ou A2 e es persoal funcionario/a de carreira ou laboral fixo, envíanos un correo electrónico a ceesg@ceesg.gal indicándonos a túa situación laboral, posto e categoría profesional. Non só nos referimos a persoal de concellos ou coa denominación ‘educador/a social’, tamén corpos de profesorado, administración autonómica, e outros postos como Axente de Igualdade, Técnica/o de servizos sociais, etc.

O obxectivo é ampliar a listaxe de colexiadas/os que cumpren este requisito e así poder dar resposta ás peticións que poidamos recibir de concellos ou outros ou organismos públicos.

A presenza da Educación Social en tribunais de selección garante que as probas sexan adecuadas á praxe e á realidade da profesión, e supón un valor de recoñecemento para a nosa profesión.

Xornada formativa: O envellecemento das persoas coa síndrome de Down
Xornada formativa: O envellecemento das persoas coa síndrome de Down

A sociedade debe proporcionar ás persoas maiores con discapacidade as oportunidades que lles permitan ser o máis autónomas posible, gozar de boa saúde e ser produtivas, fomentando así o seu benestar e creando contornas ambientais máis propicias e favorables.
Esta formación daranos a coñecer a situación actual do colectivo das persoas coa síndrome de Down ou discapacidade intelectual en relación ao envellecemento así como mostrar recursos, ferramentas e estratexias para a súa atención.

Destinatarias/os: colexiadas/os e amigas/os do Ceesg.
Data: 9 de xuño de 2022 de 16:00 a 20:00 h.
Lugar: Sede do Ceesg, Santiago de Compostela.
Inscrición: Gratuíta. Prazas limitadas, adxudicaranse por orde de inscrición.

Formulario de inscricións

Ver detalles da formación

Políticas culturais municipais, 40 anos despois
Políticas culturais municipais, 40 anos despois

Héctor Pose

Héctor Pose. Imaxe: La Voz de Galicia

Héctor Pose Porto é escritor e profesor na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña, así como reputado investigador no ámbito da acción cultural local, realidade que coñece ben polo seu labor académico e tamén por exercer de técnico municipal de Cultura e Educación durante máis dunha década.
Autor dun amplo número de artigos e participante en multitude de foros de ámbito galego, estatal e internacional, a súa visión do quefacer cultural, sobre todo dende a administración local, está firmemente asentada na dimensión socioeducativa da xestión cultural. Avogoso dunha política cultural que teña o desenvolvemento dos individuos e a sociedade como obxectivo principal, máis alá da mera conexión entre creador e consumidor de productos culturais, e das súas servidumes patrimoniais, económicas e politicas, defende a importancia da animación sociocultural e o desenvolvemento comunitario como metodoloxías substantivas, principais e irrenunciables da cultura pública local.
O pasado día 22 de abril participou no foro Políticas culturais municipais, 40 anos despois, organizado polo Consello da Cultura Galega (pode verse no enlace https://www.youtube.com/watch?v=1HMLnA043-c, entre os minutos 12:50 e 1:04:55). A súa contribución materialízase nun texto, que, o propio autor indica, “non foi pensado para ser publicado e si dramatizado oralmente. Insistíronme moito na duración da miña intervención, de aí que fose tan conciso. Non é doado, pois moitos outros aspectos merecerían ser falados, pero hai que optar”.
Polo interese da análise do profesor Pose, e a pesar do sintético da mesma, traémola á páxina do Ceesg ao cadrar a súa visión co modelo de xestión cultural que lle é propia á Educación Social, co convencemento de que a súa lectura aportará luz e valiosos elementos de reflexión sobre o traballo que desenvolvemos como xestores/as culturais.

Grupo de Traballo en Animación Sociocultural e Xestión Cultural

Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia